A Xunta de Goberno aprobou os trámites para eliminar opunto de feísmo existente entre o camiño de Río de Sixto e a rúa Rigueira
Mondoñedo, a 11 de febreiro de 2021.- O Concello de Mondoñedo aprobou enXunta de Goberno iniciar o expediente para eliminar o punto de feísmo situadoentre o camiño de Río de Sixto e a rúa de Rigueira. Deste xeito, a entidadelocal continúa co seu compromiso de adecentar os núcleos urbanos, facelos máiscómodos e, con elo, mellorar a seguridade no termo municipal.
Concretamente, a través desta iniciativa actuaraseno espazo comprendido na zona indicada. Hoxe este terreo está cuberto demaleza, ata o punto de que as dúas fincas que conforman este espazo foronmedidas conxuntamente, porque era imposible apreciar a divisoria entre as dúas,que pertencen a un mesmo propietario. Ambas colindan con vías públicas e teñenpeches de pedra e formigón prefabricado en case todo o seu perímetro.
Posta en valor do Camiño
Ademais da mellora que suporá estaintervención no terreo puramente urbanístico, tamén mellorará a seguridadenesta parte da cidade. Quedará así adecentado un tramo do viario urbano queforma parte do itinerario do Camiño Norte.
O goberno municipal destaca que, ¿certamente,esa zona ten especial interese para nós, que asumimos ao inicio deste mandato ocompromiso de erradicar elementos deste tipo e habilitar espazos que incomodane incluso poden ser inseguros¿.