Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

ATÍPICO ENTROIDO 2021 DE MONDOÑEDO

Cartel entroido_2021

BASES DO "ATÍPICO ENTROIDO 2021DE MONDOÑEDO¿"

O Concello de Mondoñedo, por motivos de seguridad sanitaria, noncelebrará este ano o desfile de entroido como habitualmente estamos acostumados;pero non por elo, quere deixar pasar estas datas de festexo e tradición senrealizar ninguna actividade.

Por isto, celebrarase o "Atípico entroido 2021 de Mondoñedo",concurso de desfraces, no que de forma totalmente dixital, e por tanto segura,seguiremos pondo en valor estas datas.

BASES:

1ª Obxecto

O concurso está formulado para poñer en valor emanter a tradición do entroido, así como festexar estas datas importantes parao noso municipio.

2ª Participantes.

O concurso está aberto a todas as personasfísicas que desexen participar, diferenciando as seguintes categorías:

· Individualinfantil e adulto

· Parellasconviventes infantil e adulto

· Gruposconviventes infantil e adulto

3ª Como participar

Todos os participantesdeberán enviar a súa fotografía caracterizados coa temática do disfraceelexido.

4ª Presentación de fotografías.

As fotos deberán enviarse ao e-mail: entroidomindoniense@gmail.com edeberase indicar no asunto: "Atípico entroido 2021 en Mondoñedo"

Xunto co envío da fotografía, deberán especificaros seguintes datos:

· Nomee apelidos do participante (titor/a ou reprensentante legal se é menor de 18anos), representante da parella ou representante do grupo.

· Idadedo participante ou participantes

· Nomedo desfrace

· Teléfonode contacto

* Nos grupos intanfís, máis da metade dosseus componentes deberán ser menores de 12 anos de idade, este inclusive,podendo estar acompañados de varios maiores disfrazados.

* En caso de que non se adxunten todos os datosrequeridos, poderá procederse á anulación da participación.

* Quedarán fora de concurso todas aquelasparticipacións que non cumpran coas medidas de prevención sanitarias vixentes.

5ª Prazo de presentación

O prazo de presentación de fotos comeza coapublicación destas bases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo eremata o día 20 de febreiro do 2021.

6ª O Xurado

O xurado estaráintegrado por 5 membros, representantes de asociacións do eido local quevalorarán diferentes aspectos da foto: orixinalidade, sustentabilidade do medioambiente, caracterización, etc.

7ª Resolución.

Cada un dos membros, de forma privada, outorgará notas comprendidasentre os 0 e 10 puntos a cada un dos participantes. Posteriormente, reuniranse as notas dos 10membros do xurado e procederase á suma de puntos por parte de un técnico doConcello de Mondoñedo.

Tras diso, comunicarase o fallo do concurso aos gañadores do mesmo.

8ª Premio

Establécense os seguintes premios:

CATEGORÍA ADULTO

Grupos de convivintes

Parellas de convivintes

Individual

1º: 100

1º: 80 €

1º: 60 €

2º: 80

2º: 60 €

2º: 40 €

3º: 60

3º: 40 €

3º: 20 €

CATEGORIA INFANTIL

Grupos de convivintes

Parellas de convivintes

Individual

1º: 90

1º: 70 €

1º: 50 €

2º: 70

2º: 50 €

2º: 30 €

3º: 50

3º: 30 €

3º: 10 €

9 ª Publicación de fotografías

A participación no concurso conleva aautorización expresa da difusión das imaxes e/ou fotografías dos premiados, aíndaque sexan menores de idade, a través de prensa ou outros medios, coa solaintención de promoción do entroido mindoniense.

Estas publicacións levaranse a cabo tras o fallodo xurado.

É imprescindible que os pais/nais ou titoreslegais firmen a autorización (anexo I) na que consenten a participación domenor, aceptan as bases e outorgan a súa conformidade ó exposto nas mesmas.Dita autorización, deberá axuntarse á fotografía no momento do seu envío.

9. Final.

O importe dos premios enténdese íntegro e,polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do impostosobre as persoas físicas.

As decisións da organización son inapelables,tendo potestade para tomar calquera tipo de decisión.

A participación no concurso implica aceptartodas e cada unha das bases aquí expostas.

A resolución do xurado é inapelable.

Mondoñedo, a 04 de febreiro de 2021

ANEXO I

AUTORIZACIÓN

Eu,______________________________________________con DNI_______________ e teléfonode contacto a efectos da comunicación: __________________ autorizo ó meufillo/tutelado ______________________________________ de ________ anos de idadea participar no ¿Atípico Entroido 2021 de Mondoñedo¿.

Data e firma:

Coa firma na presenteautorización, acepto expresamente na súa totalidade as bases do ¿AtípicoEntroido 2021 de Mondoñedol¿, a política de Protección de Datos e a cesión dasúa fotografía para a súa divulgación. Ós efectos establecidos na Lei Orgánicade Protección de Datos, informamos que os datos recollidos a través do presenteformulario serán incorporados a un ficheiro de datos de caractere persoal,chamado ¿Atípico Entroido 2021¿, que ten como finalidade a relación das funciónnecesarias para a xestión e tramitación correspondente ó concurso, tendo comoúnicos destinatarios do mesmo os membros do Xurados, encargados da xestión dopropio concurso e da selección dos finalistas, respectivamente. Os datoscontidos neste formulario deben ser cumprimentados de maneira obrigatorio. Encaso de non facerse así, a inscricións será desestimada e os datos borrados deforma inmediata. A cumprimentación do formulario implica a inscricións noconcurso e a aceptación das bases do mesmo. Os datos serán eliminados tras aentrega de premios.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com