Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN ÚNICO 2020: ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA (NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS DO DIRECTOR E DOUS MESTRES)

escudo_deputación_nov_2020

Que segundoa documentación que consta nestas dependencias municipais, resulta que esteConcello foi beneficiario, no ano 2020, da actuación PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS PLAN ÚNICO 2020: ESCOLA MUNICIPAL DEMÚSICA (NÓMINAS E SEGUROS SOCIAIS DO DIRECTOR E DOUS MESTRES), incluída no PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COSCONCELLOS 2020 da Deputación de Lugo:

A Escola de Municipal deMúsica, é un centro de titularidade pública, que depende directamente doConcello de Mondoñedo, que desenvolve asúa actividade durante todo o ano. Oplantel co que contou a Escola de Música na anualidade 2020 e imputado a esteprograma do Plan Único é o seguinte:

- Juan Ramón Carballal González: Director e profesor queimpartiu violín, viola, interpretación musical, orquestra.

- Xulia Nogueira Fernández: Profesora de Violoncello,contrabaixo, Coro, Linguaxe musical, música e movemento e formación de adultos.

- Rubén Solloso Irimia: Profesor de instrumentos de metal(trompeta, trompa, trombón,...) e banda.

A Escola Municipal de Música conta con alumnas/os detodas as idades, xente moza e adulta, en grupos diferenciados por idades,veciños de Mondoñedo e o Concello limítrofe de Lourenzá.

A maior abundamento, a Escola Municipal de Músicarealizou unha serie de actividades ao longo do ano 2020, a maiores dos ensaiosindividuais co alumnado, como son, concertos, actuacións musicais para opúblico mindoniense, etc.

É moi importante subliñar, que a celebración destasactividades presenciais, vironse alteradas, debido á enfermidade provocada poloCoronavirus Covid-19, declarada pandemia pola OMS, motivo polo que serealizaron tres tipos de actividades: presenciais, telemáticas e mediantemedios audiovisuais. O director e os docentes continuaron contratados eteletraballando todo o ano 2020, realizando actividades a través destas tresmodalidades.

Enconclusión, a Escola de Música, nunha vila de gran tradición cultural perocunha limitación notable de recursos económicos, como é Mondoñedo, éfundamental de cara á súa contribución á posta en valor da cultura musical,ademais de servir como medio de esparexemento e actividade de ocio, paramozos/as e adultos, contribuíndo tamén a proporcionar ao seu alumnado, non sócoñecementos culturais, senón todos os beneficios inherentes á práctica dunhaactividade musical: mellora dashabilidades lectoras e de escritura, sobre todo en nenos/as con dislexia,mellora do estado anímico, así como a mellora de relación cos demais, etc.

Polotanto, a Escola de Música constitúe un medio fundamental de promoción edinamización cultural para o público de todas as idades do noso Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com