Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA: derogación da imposición e ordenación do imposto de incremento de valor dos bens inmobles de natureza urbana do Concello de Mondoñedo

MONDOÑEDO

Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA

Manuel Ángel Otero Legide, Alcalde do Concello de Mondoñedo,no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2de abril, fago saber: Na sesión plenaria celebrada o día 31 de outubro de 2020,adoptouse o seguinte acordo:

PRIMEIRO: aprobar inicialmente a derogación da imposición eordenación do imposto de incremento de valor dos bens inmobles de naturezaurbana do Concello de Mondoñedo.

SEGUNDO: establecer como criterio sustantivo e material paraa aplicación da bonificación prevista no artigo 105.1.b TRLHL as liquidaciónspendentes de aprobar ou que non sexan firmes e consentidas na data de adopcióndo seguinte acordo, o seguinte:

Aos efectos do disposto no artigo 105.1.b TRLHL, entenderasecomo obras de conservación, mellora ou rehabilitación en ditos inmobles, asrealizadas nos vinte anos anteriores ao devengo do imposto ao amparo dapreceptiva licencia municipal.

As transmisións de bens que se atopen dentro do perímetrodelimitado como Conxunto Histórico-Artístico, ou foran declaradasindividualmente de interese cultural, segundo o establecido na Lei 16/85, de 25de xuño, do Patrimonio Histórico Español cando os seus propietarios outitulares de dereitos reais acrediten que se realizaran ó seu cargo obras deconservación, mellora ou rehabilitación en ditos inmobles.

O recoñecemento desta exención requerirá acordo declarativoda Xunta de Goberno, previo informe favorable dos Servizos TécnicosMunicipais.

De conformidade co disposto no artigo 17 do TRLHL, medianteanuncio publicado no BOP de Lugo de 19 de novembro de 2020 e rectificado no BOPde 4 de decembro de 2020, iniciouse un período de información pública de trintadías, a fin de que calquer persoa poidese presentar as alegacións que estimeoportunas.

Unha vez transcurrido dito prazo sen que se houberenpresentado alegacións, enténdese elevado a definitivo o acordo até entónprovisional.

Mondoñedo, 21 de xaneiro de 2021.- O Alcalde, Manuel ÁngelOtero Legide.

Publicado en BOP de Lugo n.º25 do luns 1 de febreiro do2021, páxinas 20 e 21.

Consulta o anuncio no BOP de Lugo no seguinte enlace:

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/74998

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com