Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO - resolución do 13 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as axudas para a adquisición de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021

BANDO DA ALCALDÍA

DON MANUEL ANGEL OTERO LEGIDE, Alcalde-Presidente do Excmo. Concello de Mondoñedo, por medio do presente,

FAI SABER:

O martes día 2 de febreiro saíu publicada no DOG nº 21 a resolución do 13 de xaneiro de 2021 pola que se convocan as axudas para a adquisición de vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021 para o ano 2021. Código de procedemento VI435A;(bases que rexen esta convocatoria están publicadas no DOG do 11 de xaneiro de 2019) para concellos de menos de 5.000 habitantes.

REQUISITOS

  • Ter menos de 35 anos na data da presentación da solicitude.
  • Posuír nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
  • Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. catro veces o IPREM para familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas discapacitadas. cinco veces o IPREM para familias numerosas de categoría especial ou unidades de convivencia con persoas con graves discapacidades.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída cun prezo inferior a 100.000 €
  • Que a persoa solicitante e as integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento da presentación da correspondente solicitude no caso de ter subscrito con posterioridade o 1 de xaneiro de 2021 un contrato privado ou escritura pública, nos demais casos non e preciso no momento da solicitude pero si nun prazo como máximo de 3 meses.
  • Que se trate dunha vivenda xa construída admitíndose tanto as vivendas novas como usadas.
  • Que a persoa solicitante e as integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social.
  • No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por mais dunha persoa, cada un dos propietarios deberá cumprir os requisitos sinalados.

CONTÍAS

Ata 10.800 € por vivenda (cun límite do 20% do prezo da vivenda)

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de setembro de 2021.

Para mais información contactar coa Oficina Municipal de Rehabilitación sita no Concello.

Teléfonos: 982521402- 982524003.

Email: oficinatecnica@concellomondonedo.es

O Alcalde de Mondoñedo, Don Manuel Angel Otero Legide,

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com