O nomeamento foi decidido pola comisión designada a talefecto polo Concello de Mondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro nunha reunióntelemática
Rexina Vegaé distinguida como Cunqueiriana de Honra de 2021
Mondoñedo,a 31 de xaneiro de 2021.- A escritora, profesora da Universidade de Vigo e estudosaespecialista na obra de Álvaro Cunqueiro, Rexina Rodríguez Vega (Rexina Vega),foi designada como Cunqueiriana de Honra de 2021. Así o decidiu este sábado 30de xaneiro por maioría a comisión designada a tal efecto polo Concello deMondoñedo e a Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, entidades promotoras da distinción,durante unha reunión telemática na que os membros deliberaron despois de quecada un presentara unha candidatura e a promovera de forma argumentada.
Entre os sobresaíntesméritos intelectuais que Rexina Vega atesoura como estudosa e investigadora daobra de Álvaro Cunqueiro, a comisión quixo destacar o gran número depublicacións que desde fai 30 años a ensaísta viguesa deu a coñecer en torno ávida e obra do autor mindoniense. Así, referiu títulos coma a súa guía delectura sobre Os outros feirantes (1992), a monografía ÁlvaroCunqueiro. Unha poética da recreación (1997), o volume de ensaios ÁlvaroCunqueiro e as amizades catalanas (2003) ou o libro audiofotobiográfico ÁlvaroCunqueiro. Fotobiografía sonora (2009). Tamén puxo en valor a súa tese dedoutorado, defendida na Universidad Autónoma de Barcelona e centrada no Bilingüismoe autotradución en Álvaro Cunqueiro (2000).
Ademais destes volumes eteses, a comisión destacou os moitos artigos publicados por Rexina Vega sobre omundo cunqueiriano nas máis prestixiosas revistas galegas, estatais einternacionais, así coma as numerosas conferencias, entrevistas e colaboraciónssobre Cunqueiro que levou a cabo ao longo de tres décadas de investigación.
Por todos estes motivos, acomisión congratulouse pola súa designación como Cunqueiriana de Honra e quixotransmitir as súas felicitacións á distinguida, ao tempo que manifestou a súasatisfacción pola alta calidade das diferentes candidaturas presentadas.
A distinción que a acredita como Cunqueiriana de Honra entregaráselle aRexina Vega en Mondoñedo o próximo 28 de febreiro de 2021, data do 40aniversario do falecemento de Álvaro Cunqueiro. Está previsto que en talxornada a distinguida encabece, acompañada de diversas autoridades locais eprovinciais, a tradicional ofrenda floral ante a tumba do autor e que abra omaratón de lectura da súa obra.
Trala recepción da distinción (que inclúe figura conmemorativa e diplomaacreditativo), Rexina Vega pronunciará unhas palabras de agradecemento, queirán precedidas da laudatio coa que a presentará, en nome da comisión,Armando Requeixo, coordinador de Actividades e Publicacións da Casa-MuseoÁlvaro Cunqueiro.
Comisión
Formaronparte desta comisión: César Cunqueiro (fillo do escritor, que asistiu víatelefónica), Alberto García (concelleiro de Cultura de Mondoñedo), Víctor F.Freixanes (Cunqueiriano de Honra na convocatoria do pasado ano e presidente daReal Academia Gallega), Antonio Reigosa (cronista de Mondoñedo), MiguelSomovilla (periodista e estudoso da obra de Cunqueiro), Abel Vigo (técnico deCultura do Concello de Mondoñedo) e Armando Requeixo (coordinador deActividades e Publicacións da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro).