Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

O Concello de Mondoñedo abre un prazo de 10 días para que os veciños poidan presentar alegacións e suxestións á reforma da Praza da Catedral

O Concello de Mondoñedo abre un prazo de 10 días para que os veciños poidan presentar alegacións e suxestións á reforma da Praza da Catedral

  • ·  O Concello xa solicitou amediados do pasado mes de xaneiro suxestións de todos os grupos políticos "debido á transcendencia que este espazo público ten na vida cultural e económica da veciñanza"
  • · Para dar difusión ao proxecto, foi publicado na páxina web do Concello
  • · O acceso ao proxecto pódese facer en soporte dixital na dirección electrónica http//www.concellomondonedo.es e en soporte físico nas oficinas municipais en horario de atención ao público.
  • · O goberno mindoniense agradece as aportacións que se presenten, porque é unha forma de participación cidadá, que é un dos baluartes da súa política
  • · As obras humanizarán e mellorarán a imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo
  • · O orzamento é de 258.739euros, dos que Transportes aporta, a cargo do 1% cultural, 194.054 euros e o resto cubreo o Concello

Mondoñedo, a 17 de decembro de 2020.- O Concello de Mondoñedo, segundo informa o goberno municipal, abre un prazo de 10 días para que quen o considere oportuno poida presentar alegacións e suxestións ao proceso de reforma da praza da Catedral.

O equipo de goberno mindoniense agradece as aportacións para esta iniciativa, que suporá unha considerable mellora na imaxe dunha das prazas máis emblemáticas de Mondoñedo.

O Concello tamén solicitou a mediados do pasado mes dexaneiro suxestións de todos os grupos políticos "debido a transcendencia que este espazo público ten na vida cultural e económica da veciñanza".

Para dar difusión ao proxecto, foi publicado na páxina web do Concello. O acceso ao proxecto pódese facer en soporte dixital na dirección electrónica http//www.concellomondonedo.es e en soporte físico nas oficinas municipais en horario de atención ao público.

Os responsables municipais teñen en alta consideración a participación cidadá nos asuntos públicos. Ata tal punto é así que a participación cidadá é unha das bandeiras, dos baluartes, do goberno local. Defeito, porque é así, Mondoñedo conta cunha concellería de participación.

Hai que recordar que semanas atrás o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana confirmou unha aportación a cargo do 1% cultural, por importe de 194.054euros; o Concello dedicará a este fin 64.684 euros, cantidade coa que se completa o orzamento dos traballos que se levarán a cabo.

Enlace á descarga do proxecto:

PROYECTOBASICO Y DE EJECUCION DE ACONDICIONAMIENTO DE LA PLAZA DE LA CATEDRAL PARAMEJORA DEL USO PUBLICO (concellomondonedo.es)

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com