Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

"Adagio" obra gañadora no XXI Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores

Miguel Cavadas Docampo, veciño de Vigo, foi o gañador do XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Otraballo presentado polo gañador, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, ten por título Adagio.

O xurado destacou nos versos de Adagio a súacapacidade para "formular unha estética que abala entre o evocativo e oamatorio, chea de imaxes sorprendentes e atrevidas, que xoga habilmente coamestura de referencias cultas e imaxes cotiás para facer avanzar unha historiafondamente pasional".

  O segundo premio,dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra Catro notas arredor destacaixa para despois, da que é autor Quico Valeiras, do Carballiño.

Neste caso, o xurado sinalou que en Catro notasarredor desta caixa para despois "salienta a súa habelencia para crear undiálogo feraz con referentes da poesía galega actual como Chus Pato ou Luz Pichel, conseguindo construír un artefacto literario inzado de ecos eresonancias no que o verso está ao servizo da intervención social e desdebuxaos lindes entre o lírico e o ensaístico".

Adrián Maceda Fernándezacadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coa obra Cinco anticipaciónsa un corazón caído. Adrián Maceda é do Saviñao.

Respecto de Cinco anticipacións a un corazón caídoo xurado estimou "a incorporación dos códigos do amor cortés e doutrosreferentes da tradición para actualizalos nun novo territorio amoroso inzado deimaxes delicadas e asemade ousadas nas que as alusións metapoéticas tamén son frecuentes".

A entrega do Premioterá lugar o vindeiro sábado 19 de decembro a partir das 11.15 horas da mañá segundoo seguinte programa:

Ás 11.45 horas; Recepción oficial na entrada do AuditorioMunicipal Pascual Veiga.

Ás 12.00 horas; Entrega de Premios do XXI Certame de Poesía Díaz Jácomeno Auditorio Municipal Pascual Veiga.

Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo e medidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada polaCOVID-19.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com