Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

Inventario dun adeus. Expiatoria de Andrea Fernández Maneiro acada o primeiro premio no IX Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

  Andrea Fernández natural de Vilagarcíade Arousa álzase como gañadora da IX edición do Certame de Poesía Manuel LeirasPulpeiro, premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Áreade Cultura de Deputación Provincial de Lugo. Unha edición marcada polo grannúmero de participación de obras, preto de 100 orixinais recibidos. O traballopresentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 €, placa e diploma, tenpor título Inventario dun adeus. Expiatoria.

Oxurado destacou nos versos de Andrea Fernández Maneiro a ¿elaborada imaxineríado conxunto, o coidado na dicción e na escolla das solucións léxicas, así comoo estreito diálogo entre o musical e o textual que envolve harmonicamente todaesta escrita¿.

Osegundo premio, dotado con 600 €, placa e diploma, recaeu na obra titulada Antípodada que é autora Paula Luís González, de Vigo.

Oxurado salientou ¿a intelixente alternancia nestes versos de elementos datradición culta con outros perfectamente pop, así como a hábil inserción de indicadoresmetapoéticos nun micropoemario con múltiples referencias á fauna e flora enxeral e mariña en particular¿.

RosaMaría Novoa Vázquez acadou o 3º premio, dotado con 300 €, placa e diploma, coaobra presentada baixo o rótulo Barazas e Sedeños. Branca Trigo é deXunqueira de Ambía.

Oxurado puxo en valor neste texto ¿a elegancia na dicción, a capacidade paraganduxar os elementos poéticos nun todo consistente e o delicado equilibroentre os versos máis emotivos e íntimos e aqueloutros que acubillan unhaevidente crítica social¿.

Aentrega do premio terá lugar o sábado día 12 de decembro de 2020 segundo oseguinte programa:

13.15horas; Recepción oficial no Cemiterio Vello e Ofrenda Floral ante a tumba dopoeta.

13.30horas; Entrega de Premios no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo.

Manteranse as normas aprobadas polas autoridades en canto ao aforo emedidas sanitarias en relación coa situación actual de pandemia provocada polaCOVID-19.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo

(Galicia)