Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

As investigacións na Cova do Rei Cintolo deparan interesantes novidades sobre a historia desta cavidade

O Concello mantén unha estreita colaboración coFederación Galega de Espeleoloxía para avanzar na difusión e estudo da cova

· As investigaciónslevadas a cabo neste ano, con apoio do Concello, permitiron avanzar natopografía da cova, estudar as augas e localizarrestos óseos de animais de moita máis antigüidade da que se prevía inicialmente

· A aposta do Concellopola promoción da cova vén de moi atrás e está garantida de cara ao futuro,porque constitúe un recurso arqueolóxico e turístico fundamental para atraerturismo ao municipio

· Dende o gobernomunicipal indícase que Mondoñedo suma, grazas á Cova do Rei Cintolo, oatractivo de destino turístico científico. Esta cova ten a distinción deDestino Turístico Científico coa certificación Observer@

· O Concello apoia ainiciativa da Federación Galega de Espeleoloxía para a creación doEspeleoparque da Mariña

Mondoñedo, a 16 de novembro de 2020.- O director do proxecto deinvestigación ¿Rei Cintolo, Obxectivo 11.000¿, o doutor Marcos Vaqueiro, acabade presentar a memoria do traballo de investigación levado a cabo na cova aolongo deste ano. Destaca a colaboración da Federación Galega de Espeleoloxía edo Concello de Mondoñedo, do que di ¿que está apoiando incondicionalmente esteproxecto dende o minuto cero¿. Dende o propio Concello se insiste en que a súaaposta pola posta en valor da cova vén de moi atrás e está garantida de cara aofuturo, porque constitúe un recurso arqueolóxico e turístico fundamental paraatraer turismo ao municipio.

O traballo efectuado na cova no marco do citado proxectoten por obxectivo principal elaborar un estudo topográfico e morfolóxico.Participan 37 espeleólogos galegos, de diferentes grupos, adscritos maioritariamenteá Federación Galega de Espeleoloxía. Tamén se levaron a cabo traballos demonitorización da temperatura da cova nas súas zonas máis profundas. Tamén seestuda a rede de drenaxe baixoterreña. Leváronse a cabo análises das augas.

Segundo se indica na memoria, un dos feitos máisrelevantes da campaña foi a localización de diversos restos óseos en diversaspasaxes e niveis da cavidade. Atopáronse restos animais a máis de 49 metros deprofundidade e máis de 223 da actual entrada da cova. Os datos preliminaresapuntan á presenza de oso pardo nos niveis máis altos da cova, hai uns 9.000anos. Ata o momento non se coñecía fauna na cova de máis de 7.500 anos.

No Concello mindoniense ratifican unha vez máis o seutotal compromiso coa promoción da cova, porque ¿é un dos principais reclamosturísticos da cidade e seguiremos a traballar para impulsala¿. Nesta liña, oConcello asumiu iniciativas como a construción dunha pasarela de madeirarespectuosa co medio ambiente para facilitar aos turistas o paso a esteenclave, así como a firma dun convenio coa Federación galega de Espeleoloxíaque permitiu mellorar o horario e unha maior flexibilidade de acceso á cova.

Dende o goberno municipal se indica que Mondoñedo suma,grazas á Cova do Rei Cintolo, o atractivo de destino turístico científico. Haique recordar que esta cova ten a distinción de Destino Turístico Científico coacertificación Observer@ .

O Concello de Mondoñedo, seguindo a súa liña de promociónda cova do Rei Cintolo, acolleu coa mellor disposición a proposta da FederaciónGalega de Espeleoloxía para a creación do Espeleoparque da Mariña.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com