Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BASES DO V CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MELLOR RECUNCHO DE MONDOÑEDO" - 2020

Concurso Fotografía_2020

BASES DO VCONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O MELLOR RECUNCHO DE MONDOÑEDO"

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o V Concurso de Fotografía "O Mellor Recuncho de Mondoñedo" baixo o lema "Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta" que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2021 coas mellores fotografías de recunchos da localidade.

BASES:

1ª Obxecto

O presente concurso está destinado á elección de doce fotografías,unha para cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal do ano 2021.Entre esas doce elixidas podería figurar unha máis que se destinaría á portadado calendario en caso de que se considere oportuno.

De entre todas as imaxes elixiranse ás tres mellores outorgándollespremio individual tal como se relata no punto correspondente.

2ª Participantes.

O concurso está aberto a tod@s as persoas físicas que desexenparticipar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo efamiliares de 1º e 2º grao ascendentes e descendentes das persoas que integreno xurado así como as súas respectivas parellas.

3ª Presentación de Orixinais

Cada participante poderá presentar só unha foto ao concurso.

As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo decorreo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto ¿Concurso Fotografía2020¿. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfonode contacto.

As imaxes nonpoderán levar marcas de auga, nomes sobrepostos, marcas en xeral, comentariosou similares que permitan identificar a autoría da imaxe. En caso de que istosuceda a imaxe non entrará en concurso quedando eliminada.

Presentaranse en formato JPG, TIF ou BMP cunha resolución de 300 ppp.

Dado que as imaxes irán montadas no calendario do concello,preferentemente deberán presentarse cun tamaño de 8,2cm de ancho por 9,2cm dealto ou proporcional a este. En caso de presentar outros tamaños e resultarelixidas, serán recordadas para encaixar neste formato. En caso de dúbida doxurado e/ou empate entre dúas ou máis fotos, o xurado empregará o criterio detamaño e mellor adaptación ao formato do calendario para darlle preferencia nasúa elección entre as fotos empatadas.

4ª Prazo depresentación

O prazo de presentación de orixinais comeza coa publicación destasbases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo e remata o día 29 de novembrodo 2020, incluído este día.

5ª O Xurado

O xurado estará integrado por 5 membros e 1 secretario/-a. Os membrosterán voz e voto e o/a secretario/-a só voz pero non voto.

O Xurado estará presidido polo Concelleiro de Cultura, ou persoa enquen delegue, e terá como vogais 2 persoas pertencentes ao Concello deMondoñedo, ben sexan técnicos ou membros do equipo de goberno, e 2 persoas,alleas ao concello, con experiencia no eido da fotografía. Todos eles contaráncon voz e voto.

O/A Secretario/-a será persoal da Oficina de Turismo de Mondoñedo que coordinaráa recollida de orixinais e envío destes, unha vez rematado o prazo depresentación de orixinais, aos diversos membros do xurado.

Para garantir o anonimato do concurso, a secretaría do eventorecollerá as imaxes do e-mail e asignaralles un número de identificación queindividualizará a imaxe. Esta, xunto co número, será a que se remita ao xuradosen comunicar a autoría da foto ata despois da valoración e votación dasmesmas.

A secretaría do evento estará presente na reunión co xurado que valoreas fotos. Nela terá voz pero non voto e levantará acta do resultado da reunióndo xurado.

6ª Resolución.

O Xurado reunirase en sesión única nos comezos do mes de decembro efallará sobre os as propostas presentadas.

Tras diso comunicarase coa terna de gañadores/-as do concurso eprocederase a coordinar a data de entrega de premios e presentación docalendario oficial do Concello de Mondoñedo para o ano 2021.

7ª Exposición epublicación de orixinais. Dereitos de imaxe.

As fotos premiadas así como aquelas seleccionadas para formar parte docalendario, de consideralo oportuno o Concello, poderán ser publicadas nasredes sociais propias do concello.

Estas publicación levaranse a cabo sempre tras o fallo do xurado e coacorrespondente autoría indicada.

Así mesmo autorízase expresamente ao concello ao uso das fotosgañadoras para a elaboración do cartel do concurso do ano seguinte.

Os dereitos sobre as imaxes seguen a ser dos/das autores/-as peropermítelle ao concello o seu uso nos aspectos e supostos arriba indicados senter que pedir permiso expreso á persoa propietaria da foto.

8ª Premio

Establécese tres premios consistentes en diverso material cultural doConcello de Mondoñedo e da Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

9ª Final.

Calquera suposto non contemplado nestas bases será avaliado esolventado polo xurado.

A presentación de orixinais para a participación neste concursoimplica aceptar todas e cada unha das bases aquí expostas.

A resolución do xurado é inapelable.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com