Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATES E DE ÁRBORES DE NADAL - 2020

IV Concurso decoración Nadal_2020

CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL EN FACHADAS, BALCÓNS, PORTAIS, ESCAPARATESE DE ÁRBORES DE NADAL

INTRODUCIÓN

Con motivo dafestividade do Nadal, o Excmo. Concello de Mondoñedo, a través da Concelleríade Cultura, organiza a cuarta edición do Concursode Decoración de Nadal en fachadas, balcóns, portais, baixantes de auga,xardíns, escaparates, etc.

Está aberto ao todosos veciñ@s con residencia no municipio de Mondoñedo, e ten como obxectivo incentivar a decoración de nadal nas vivendas ecolaborar para difundir o ambiente de nadal polas nosas rúas, dandoprotagonismo aos cidadáns, promovendo a súa participación activa para acadarentre tod@s un conxunto de nadal integrado no noso casco histórico e en todo omunicipio, tendo en conta ademais, que estamos dentro da rede española de ¿Los PueblosMás Bonitos de España¿.

BASES REGULADORAS

Ámbito de Participación.

Poderá participarcalquera veciñ@ con residencia neste municipio.

Categorías.

Estableceranse dúasmodalidades:

  • Modalidade Individual:particulares de vivendas que adornen a súa fachada, balcóns, portal, baixantesde auga, escaparates, etc.
  • Modalidade Colectiva: comunidadesde veciñ@s, barrios, rúas ou prazas que decoren árbores, fachadas, farois,parques, etc.

Xurado.

O Xurado estará compostopor:

  • Representante daOficina Municipal de Rehabilitación do Casco Antigo.
  • Representante daOficina Municipal de Turismo.
  • Representante daMancomunidade de Turismo.
  • Representante daXunta de Galicia
  • Representante dunhaasociación elixido por sorteo.

Será nomeadacoordinadora do concurso Claudia del Pino, que manterá informado no transcursodo certame ao titular da Concellería de Cultura do Concello de Mondoñedo.

Aspectos a valorar.

Serán valorados os aspectos seguintes:

  • Composicións e deseñosacordes co Nadal e respectuosas co entorno.
  • Iluminación variada erespectuosa co entorno.
  • Orixinalidade
  • Introdución deelementos tradicionais do Nadal.
  • Recomendarase aintrodución de guirnaldas con tonalidades verdes, vermellas, con dourados eprateados.

A zona elixida pol@/sparticipante/s para ser decorada terá que ser visible dende a vía pública parapoder valorarse.

Inscricións.

Para inscribirsepoderán facelo na Oficina de Turismo de Mondoñedo ou a través do teléfono982507177, preguntando pola lista de anotacións a este concurso.

Haberá que indicar onome e apelidos, DNI, o enderezo, e un teléfono de contacto.

Período de Inscricións:

Dende o día 5 denovembro e ata o 23 de decembro.

Duración do concurso:

Dende o mesmo momentoque decida anotarse a persoa ou grupo depersoas ( no caso da modalidade colectiva), pero nunca máis tarde do 22 dedecembro, e ata o día 6 de xaneiro de 2020.

Premios:

Modalidade individualpara fachadas, balcóns, portais, escaparates, etc:

1º PREMIO: 100 EUROS

2º PREMIO: 50 EUROS

Modalidade colectivapara comunidades de veciñ@s que decoren árbores, farois, rúas ou prazas:

PREMIO ÚNICO: 200 EUROS

PREMIO ESPECIAL ¿MELLORÁRBORE DE NADAL¿ 50 EUROS.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com