Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

LIBRO DE RECEITAS I XORNADAS GASTRONÓMICAS DA FABA VERDINA DE GALICIA - MONDOÑEDO

Os días 22, 23 e 24 de novembro de2019 celebráronse en Mondoñedo as I Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina,organizadas polo Concello de Mondoñedo e a Asociación de Productores de Faba Verdinade Galicia, con sede en Mondoñedo. Esta asociación foi creada en 2019 co fin depromover un produto que acada na nosa comarca excepcionais niveis de calidade:a faba verdina.

Entre os obxectivos destasXornadas, que terán carácter anual, aparte de degustar o produto e de propiciara reunión da xente en torno a el, preténdese amosar as súas posibilidadesculinarias. Coa verdina acontece algo peculiar: a súa consideración comoalimento "gourmet" (algo un tanto insólito nunha legume) afástaa dacociña caseira, e fai que a súa elaboración quede reservada ós días de festa,ou que só a consumamos cando saímos fora a comer.

Pero nen a súa elaboración é máiscomplicada que a doutras legumes, nen é preciso recurrir sempre a asociala conmarisco. Como comprobaredes neste Recetario, que recolle as propostas decatorce establecementos hosteleiros de Mondoñedo, as preparacións e as combinaciónsda verdina son moi amplas, e van dende os guisos lentos de pucheiro, ata ossalpicóns ou as tortillas de ovos.

Estaremos encantados se finalmenteeste Recetario e as Xornadas serven de inspiración para cociñar verdinas eincorporalas ós vosos menús. Onde se acende o lume dunha cociña, hai fogar.

DESCARGA ABAIXO O TEU EXEMPLAR EN FORMATO PDF

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com