Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

INFORMACION SOBRE A COMPRA DE VIVENDAS POR PARTE DO IGVS EN MONDOÑEDO

INFORMACION SOBRE A COMPRA DE VIVENDAS POR PARTE DO IGVS

O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou hoxe no DOGA unha resolucióndo 4 de xuño de 2020 pola que acorda realizar unha oferta pública deadquisición, mediante compra de inmobles situados no Conxunto Histórico deMondoñedo e no Barrio de Os Muíños paraa construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovaciónpara vivendas de protección oficial de promoción pública co fin da mellora econservación e recuperación do patrimonio por un importe total de 300.000€.

O listado de rúas as cales sepropoñen para facer a dita oferta son asseguintes:

Rúa José María Pardo, Avda. San Lucas, Rúa Leiras Pulpeiro,Praza San Xoán, RúaFebrero, Rúa Peña de Francia, Rúa LenceSantar, Rúa Pacheco, Rúa da Riqueira,Rúa da Fonte, Rúa Álvaro Cunqueiro, Calexón de Pardiñas, Calexón Congruas,Calexón de Leña, Rúa San Roque, rúa Muíños de Abaixo, rúa Muíños de Arriba, RúaMoscas, Avda. Bos Aires, Eladio Lorenzo, Rúa Casas Novas, Rúa Imprenta, RúaPascual Veiga, Rúa da Ponte, Praza da Catedral, Rúa Pardo de Cela, TravesíaEntre Rúas, Rúa Alfonso VII, Rúa Progreso, Rúa Concepción, Praza do Concello,Rúa Andrés Baamonde, Rúa Lodeiro Piñeiroa, Rúa Guevara, Rúa Julia PardoMontenegro, Rúa Rocha de Velez, Rúa Bispo Sarmiento, Rúa Os Castros.

A oferta vai dirixida exclusivamente á adquisición, en pleno dominio elibre de cargas e gravames de inmobles de titularidade privada que estean inscritosno Rexistro da Propiedade.

Os prezos de adquisición non superará o valor límite da oferta (Vlt) que seráo menor dos dous seguintes: O do valor máximo admisible de adquisición doinmoble ou o do valor de mercado do inmoble.(véxanse os cálculos no DOGA de4.06.2020)

Os titulares interesados deberán presentar a oferta perante a DirecciónXeral do IGVS ou no propio Concello con un escrito no que figuren:

Datos persoais (Nome e apelidos, enderezo para os efectos de notificación,telefono de contacto e, de ser o caso, enderezo electrónico), ascaracterísticas do inmoble con indicación da súa superficie e da rúa ou prazaonde estea situado, así como unha proposta do prezo exixido para a súaadquisición, o cal deberá estar especificado con letra.O citado prezo nonpoderá estar condicionado, nin incluír variantes ou alternativas.

Xunto co escrito deberá xuntarse:

- Copia do DNI,nº identificación deestranxeiro, en caso de persoa xurídica copia do CIF e escritura deconstitución así como documentos identificativos da persoa habilitada paraactuar no seu nome.

- Cando a propiedade dos inmobles sexa demais de un titular deberá achegarse a documentación de todos eles, a súa cotade participación, un compromiso de venta da totalidade do inmoble así como unpoder en que se designe a persoa que os represente para os efectos de vendaante o IGVS.

- Documento xustificativo da titularidade doinmoble.

- Certificación rexistral do inmoble.

- Declaración responsable do titular ou bende que non existen cargas ou gravames sobre o inmoble.

- Certificación descritiva e gráfica daDirección Xeral do Catastro.

- Certificación de que se atopa ao día dopagamento do imposto de bens inmobles e de calquera outro tributo ao que esteasuxeito

- Memoria descritiva do inmoble que deberácontar polo menos coa superficie da parcela onde se sitúa o inmoble, superficieedificable do inmoble, fotografías do interior e exterior,plano de situación doinmoble, autorización de acceso ao inmoble a favor das persoas que determine oIGVS para que se poidan realizar cantas inspeccións se consideren oportunas ecertificado expedido polo Concello.

O prazo para presentaras ofertas remata o 25 de agosto do 2020

Para calquera información ou dúbida podenchamar o teléfono do

Concello 982524003-982521402

EnMondoñedo, a 4 de xuño de 2020

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com