Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

REANUDACIÓN DE PRAZOS ADMINISTRATIVOS CON EFECTOS DO 1 DE XUÑO DE 2020

REANUDACIÓN DE PRAZOS ADMINISTRATIVOS CON EFECTOS DO 1 DE XUÑO DE2020

Visto o Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que seprorroga o estado de alarma declarado polo Real decreto 463/2020, do 14 demarzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación decrise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Visto o artigo 9 que trata sobre os prazos administrativos suspendidos en virtude do Real Decreto 463/2020, CON EFECTOS DO 1 DEXUÑO DE 2020, O CÓMPUTO DOS PRAZOS ADMINISTRATIVOS QUE TIVERAN SIDO SUSPENDIDOS, REANUDARANSE, OU REINICIARANSE, polo que o procedemento de contratación iniciado por este concello en relación á CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN, DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE UN CONDUTOR OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL: CONDUTOR DE TRACTOR, A XORNADA COMPLETA, PARA A COLABORACIÓN NA DELEGACIÓN DE OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAL (PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019), publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 70 do 26 de marzo de 2020, reanúdase, polo que o prazo de presentación de instancias de 5 días hábiles será do 1 ao 5 de xuño, ambos inclusive.

Do mesmo xeito, no procedemento de contratación iniciado por este concello en relación á CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A SELECCIÓN, POR CONCURSO-OPOSICIÓN, DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE UN AXUDANTE DE ANIMADOR CULTURAL, DEPORTIVO E SOCIAL PARA A COLABORACIÓN NO SERVIZO DE CULTURA, DEPORTEE SERVIZOS SOCIAIS (PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019), publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, núm. 67 do 23 de marzo de 2020, reanúdase, polo que o prazo de presentación de instancias de 5 días hábiles será do 1 ao 5 de xuño, ambos inclusive.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com