Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO ACERCA DA FASE I NA DESECALADA DAS MEDIDAS RESTRICTIVAS POR CAUSA DO COVID-19

BANDO ACERCA DA FASE I NADESECALADA DAS MEDIDAS RESTRICTIVAS POR CAUSA DO COVID-19

DONMANUEL ÁNGEL OTERO LEGIDE, ALCALDE

DOEXCMO CONCELLO DE MONDOÑEDO

FAISABER:

Que: Debido á rapidez na evolución da situación de emerxenciade saúde pública ocasionada polo COVID-19, a escala nacional e internacional, oGoberno, ao amparo do disposto no artigo 4, apartados b) e d), da Lei Orgánica4/1981, do 1 de xuño, dos Estados de Alarma, Excepción e Sitio, declarou,mediante o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, o estado de alarma en todo oterritorio nacional co fin de afrontar a crise sanitaria, o cal foi prorrogadoen catro ocasións, a última con ocasión do Real Decreto 514/2020, do 8 de maio,ata as 00.00 horas do día 24 de maio de 2020, nos termos expresados nadevandita norma.

No momento actual, iniciouse un proceso de redución gradualdas medidas extraordinarias de restrición da mobilidade e do contacto socialestablecidas mediante o citado Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. Así opasado 28 de abril de 2020 o Consello de Ministros adoptou o Plan para atransición cara a unha nova normalidade que establece os principais parámetrose instrumentos para a consecución da normalidade, mediante proceso articuladoen catro fases, fase 0 a fase 3, que será gradual e adaptable aos cambios de orientaciónnecesarios en función da evolución dos datos epidemiolóxicos e do impacto dasmedidas adoptadas.

En aplicación do anteriormente exposto, foi aprobada epublicada no BOE de data 9 de maio de 2020, a Orde SND/399/2020, do 9 de maio,para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional,establecidas tras a declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 doPlan para a transición cara a unha nova normalidade aplicable no ámbitoterritorial da provincia de Lugo, mediante a que se adoptan determinadasmedidas de flexibilización das restricións impostas coa declaración do estadode alarma.

No contexto xurídoco exposto infórmase á veciñanza que:

1.Retómase a atención presencial polo Concello de Mondoñedo,sempre e en todo caso con cita previa, sendo de obrigado cumprimento odistanciamento social de 2 metros, así como, o uso de máscaras para todas aspersoas que acudan ás distintas instalacións do Concello.

Mantense a posibilidade de relacionarse con estaadministración por medios electrónicos a través da súa sede electrónica,advertindo da obrigatoriedade de empregar dito medio por quen estea obrigadolegalmente (artigo 14 Lei 39/2015).

CONCELLODE MONDOÑEDO

Os datos de contacto son:

Oficinas xerais: 982524003

Tesourería: 982 524003; ext. 2

Recadación: 982524003; ext. 3

Técnico de emprego: 982524003; ext. 4

Policía local: 982524003; ext. 5

Rehabilitación: 982524003; ext. 7 e 982521402

Servizos sociais: 982524003, ext. 8; 686511770 e 697966005

CIM: 982524003, ext. 9 e 686511770

Atención Temperá: 982 522031 e 686511770

Rexistro por sede electrónica: https://concellomondonedo.sedeelectronica.es

2.Pese a que se manteñen vixentes as suspensións dos termos einterrupcións dos prazos prevista na Disposición Adicional Terceira do RealDecreto 463/2020, do 14 de marzo, ínstase aos/ás interesados/as con solicitudependentes de resolución, ou ben, que formulen novas peticións ante estaadministración e que así o desexen, a que presenten por escrito ante calquerados rexistros (central ou electrónico) do Concello de Mondoñedo, manifestaciónexpresa de conformidade coa non suspensión dos prazos co fin de que dende estaadministración se poda continuar a tramitación das súas peticións sen verseafectada pola citada suspensión e interrupción.

3.Permítese a circulación de vehículos particulares polasvías de uso público municipal, nas condicións impostas polo artigo 7 do RealDecreto 463/2020, do 14 de marzo, así como, para quen en aplicación do artigo 7da Orde SND/399/2020, do 9 de maio, que habilita a circulación pola provincia,debendo respectarse as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridadessanitarias para a prevención do COVID-19, e, en particular, as relativas aomantemento dunha distancia mínima de seguridade de, polo menos, dous metros,ou, na súa falta, medidas alternativas de protección física, de hixiene de manse etiqueta respiratoria.

4.Reanúdase a celebración do mercado semanal dos xoves edomingos do Concello de Mondoñedo co 25% dos postos e sempre segundo ásdisposicións da Orde SND/399/2020 do 9 de maio e o resto da normativaaplicable.

Prohíbese completamente a manipulación dos alimentos poloscompradores e atenderase a todas aquelas disposicións que o Concello deMondoñedo estableza.

5.Procederase ao desprecintado de tódalas fontes públicas doConcello de Mondoñedo, logo de ser aprobada e publicada a Orde SND/380/2020, do30 de abril, sobre as condicións nas que se pode realizar actividade física nonprofesional ao aire libre durante a situación de crise sanitaria ocasionadapolo COVID-19, mediante a que se autoriza a realización de prácticas deportivasnon profesionais e paseos en determinadas condicións e determinados horarios.

As medidas expostas no presente bando manteranse vixentesdurante toda a duración do estado de alarma, e especialmente, durante avixencia dos artigos nos que se fundamentan do Real Decreto 463/2020, do 14 demarzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación decrise sanitaria ocasionada polo COVID-19, agás modificación normativa posteriorque faga aplicable o seu contido.

Recordar á veciñanza que o teléfono de atención sanitariopara todo o relacionado co coronavirus é o 900400116.

Dende o Concello de Mondoñedo apelamos á conciencia social equeremos pedir aos non residentes e posibles visitantes que neste novo contextosocial, manteñan as medidas de seguridade e hixiene establecidas polasautoridades sanitarias para a prevención e loita contra o COVID-19, xa quemediante o esforzo individual obterse como resultado o ben e a saúde de todas etodos.

O que se fai público para xeral coñecemento e correspondentesefectos

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com