Concurso Logotipo ABDM
A Asociación Barrio dosMuiños convoca un Concurso de deseño do Logotipo para a ABDM.
Bases doConcurso
1. Convocatoria. A presente convocatoria ten por obxectivoa de dotar a ABDM dun logotipo e facer partícipe a asociados e a calquer persoaque desexe.
2.Participantes. Poderánparticipar todas as persoas que aceiten as bases do concurso.
3. Deseño. O deseño debe ser unha proposta orixinalenfocada para ser un logotipo da Asociación do Barrio dos Muiños.
4. Entregadas propostas. Poderaseachegar as propostas ao mail da ABDM (barriodosmuinhosasociacion@gmail.com)ou aos membros da Directiva.
Debe conter:
1. Deseño a cor e en branco e negro en A4(sen anotacións nin o nome da persoa participante)
2. Nome do participante e telefone decontacto e mail. No caso de ser entregado o deseño en papel, deben ser anexadosnun sobre.
5. Prazo depresentación. Poderán presentarsepropostas até o dia 30 de Abril.
6. Xurado. O xurado estará compostos por 3 persoas,unha persoa da Directiva, e duas persoas máis procedentes dos ámbitos deDeseño, Martketing, Belas, Artes...
7. Gañador. O xurado elexerá o gañador de entre todasas persoas participantes ou no seu caso deixar deserto. Farase público pordiferentes meios aos participantes e socios, exibindo o resultado no tabuleiroda ABDM, informando polas redes e correo electrónico. Valorarase as ideas queteñan orixinalidade e o desenvolvemento da imaxe corporativa.
8. Premio. O premio consisitirá nun trofeo, máis unbono de 75€ para usar nos comercios e profisionais dos Muiños e tamén 75€ enefectivo.
9. Dereitosde Autor. Todas as persoas aoparticiparen aceptan consentir que o logotipo será de libre uso pola ABDMpermitindo o seu uso sen ningún tipo de restrición nin obriga, ademais tamén otraballo pode ser modificado e adaptado, criando obras derivadas.
NOTA: a seguir un arquivo en pdf coas bases. Documento remitido pola Asociación Barrio dos Muíños.