Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

RESUMO DE APOIOS ECONÓMICOS DA XUNTA DE GALICIA A EMPRESAS E AUTÓNOMOS

XUNTA DE GALICIA

RESUMO DE APOIOS A EMPRESAS E AUTÓNOMOS

Lembra que tes á túadisposición o teléfono gratuíto 900 815 600,de atención a empresas ante o COVID-19, para resolver as túas dúbidas no ámbitoeconómico e laboral (Horario de 8 a 18h de luns a venres)

Principais liñas de apoio:

1. Liña de préstamos de ata 200.000euros, cos xuros bonificados pola Xunta, para cubrir os pagos defacturas, salarios, alugueiros e impostos.

2. Aprazamento das cotas deamortización e xuros para aquelas empresas que teñan préstamos formalizados coaXunta

3. Suspensión dos prazos para apresentación de impostos autonómicos ata, como mínimo, o 30de xuño.

4. Apoiosdirectos ao desenvolvemento de proxectosinnovadores vinculados ao coronavirus e á fabricación inmediata de medios de protección a través de axudasque faciliten ás pemes galegas reorganizar a súa produción

(1) PRÉSTAMOS DO IGAPE AVALADOS PARA APOIAR ÁSPEMES E AUTÓNOMOS NO CONTEXTO DO ACTUAL BROTE DE COVID-19 (2020)

· O prazo de presentación finalizao 30/09/2020

· Liquidez inmediata

· Mobilización de 250M€

· Ata 200.000€ por negocio

· Os beneficiarios terán ata catroanos para amortizar estes préstamos, cun ano de carencia.

· A Xunta bonificará o 100% dosintereses

Ficha informativa desta liñade axudas:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP393

(2) APRAZAMENTO DE AMORTIZACIÓNS DE XUROS EPRÉSTAMOS FORMALIZADOS COA XUNTA

· XesGalicia aproba unha moratoria nopago do principal nas cotas liquidables ata o 30 de xuño de 2020, de modo queas empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar dacondonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durantetodo o primeiro semestre do ano

· Desde o día 24 de abril e ata o 22de maio de 2020 (ambos inclusive) aquelas empresas financiadas que desexenoptar á nova medida de condonación e/ou á moratoria deberán achegar debidamentecumprimentada a Declaración Responsable dispoñible na web de Xes Galicia

· XesGalicia pon esta medida enmarcha co fin último de continuar axudando a mitigar os efectos da situaciónactual, así como para seguir apoiando a aqueles proxectos viables que se vironafectados por unha situación conxuntural e non estrutural

Fichadispoñible coa información:

http://www.xesgalicia.gal/sites/default/files/files/attachments/2020/04/medida_ampliada_preguntas_frecuentes_0.pdf

(3) A XUNTA SUSPENDE OS PRAZOS PARA A PRESENTACIÓNDOS IMPOSTOS DE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS, DE SUCESIÓNS E OS TRIBUTOS DO XOGOPARA DOTAR DE LIQUIDEZ A EMPRESAS E CIDADÁNS

· Todas as autoliquidacións destesimpostos cuxo prazo vence a partir da declaración do estado de alarma poderánser presentadas ata o 30 de xuño, ou ata un mes despois da finalización doestado de alarma.

· A medida beneficiará cada mes a32.000 persoas e empresas, e a Axencia Tributaria de Galicia deixará deingresar cada mes uns 35 millóns de euros

· En todo caso, os contribuíntes queasí o prefiran poden presentar as autoliquidacións de xeito telemático a travésda Oficina Virtual da ATRIGA.

· Hai que ter en conta que uncontribuínte, aínda que non teña que aboar o imposto por beneficiarse dasdistintas bonificacións ou deducións existentes ¿como sucede coas deducións doImposto sobre Sucesións ou co programa de Impostos Cero no rural-, si estáobrigado en todo caso a presentar a correspondente autoliquidación do imposto.

(4-A) AXUDAS PARA FACILITAR AFABRICACIÓN DE MEDIOS DE PROTECCIÓN

· A Xunta aprobou un novo programa deaxudas dotado con 2,5 millóns de euros que impulsará a reorganización produtivainmediata das empresas galegas para facer fronte á emerxencia sanitaria e poderproducir material sanitario, equipos de protección individual, probas dediagnose, ventiladores e desinfectantes, entre outros.

· Máis información no teléfono 900815 151 e no correo electrónico informa@igape.es

(4-B) AXUDAS Á REORGAIZACIÓN DOS PROCESOS PRODUTIVOS NAS EMPRESAS PARAFABRICAR EQUIPOS DE PROTECCIÓN E DESENVOLVER SOLUCIÓNS INNOVADORAS PARACOMBATER O CORONAVIRUS.

· Xesgalicia ven de poñer en marchaunha liña de financiamento de 10 millóns de euros para cubrir as necesidades dereestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer afabricación de material de protección necesario para facer fronte aocoronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e asempresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtilessanitarios, equipos de protección individual (EPIs) e materiais pararespiradores.

· Máis información: http://www.xesgalicia.es/gl/content/activada-unha-lina-de-financiamiento-para-producir-material-de-proteccion-ante-o-coronavirus

Outra información de interese:

REDE DE OFICINAS DEEMPREGO

A Xunta habilita un novoformulario web para facilitar e axilizara alta inicial daquelas persoas que nunca estiveron inscritas comodemandantes de emprego

https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/?option=com_content&view=article&id=484

Tamén hai dispoñible nestapáxina un documento para descargar con:

· Preguntas máis frecuentes daspersoas demandantes sobre as medidas COVID-19

· Información sobre como se tramita atúa prestación económica derivada dun erte de forza maior iniciado comoconsecuencia do covid-19?

· Medidas extraordinarias parapersoas demandantes

· Medidas sobre a organización erealización de trámites

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com