Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

O Concello de Mondoñedo pon en marcha o servizo gratuito de impresión de material escolar.

Servizo de impresión_04-2020

O Concello de Mondoñedo, mediante a concelleria de xuventude, encoordinación cos centros educativos do municipio, CEIP Álvaro Cunqueiro e  IES Plurilíngüe San Rosendo, poñen en marchao servizo de impresión gratuita de material educativo para os pais/nais/titorese alumnos/as que non dispoñan de conexión a internet ou equipos informáticos.

Así pois, tamén terán acceso a este servizo aqueles alumnos/as de FPs ou titulaciónsuniversitarias que se atopen na mesma situación.

As familias que non teñan acceso a internet poderán solicitar o servizo dasseguintes maneiras:

  • · Persoarse noConcello e acceder vía online ao material enviado polo centro para a posteriorimpresión.
  • · Mediante víatelefónica.

As familias que teñén acceso a internet poderán solicitar o servizo dasseguintes maneiras:

  • · Persoarse noConcello e acceder vía online ao material enviado polocentro para a posterior impresión.
  • · Persoarse noConcello con un pen, no que irá previamente descargado o contido a imprimir.
  • · Reenviar víaemail os arquivos para a súa posterior impresión a xuventudemondonedo@gmail.com
  • · Mediante víatelefónica.

A recollida do material impreso no Concello, farase da seguintes maneiras:

  • · Luns,mércores e venres en horario de 9:00 a 14:00
  • · Mediante citaprevia telefónica

Ofertase tamén o servizo de entrega no fogar dos materiais educativos.Neste caso, cando se solicite o servizo de impresión, deberán facilitar unteléfono de contacto ao cal, unha vezimpreso o material, se lles notificará cando se fará a entrega do mesmo.

Email: xuventudemondonedo@gmail.com

Teléfono: 982 52 40 03 Extensión1

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com