Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BASES I CONCURSO DE CARTEIS DO MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO


NOTA INFORMATIVA: O PRESENTE CONCURSO PRORROGA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS.O NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN REMATARÁ 15 DÍAS NATURAIS DESPOIS DE QUE FINALICE O ESTADO DE ALARMA.A SEGUIR AS BASES QUE REXEN O PRESENTE CONCURSO:



BASES DO I CONOCURSO DE CARTEIS DO MERCADO MEDIVAL DE MONDOÑEDO

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convocaun concurso de carteis co obxectivo de anunciar e promocionar o XXIX MercadoMedieval de Mondoñedo, que se celebrará do 7 ao 9 de agosto de 2020.

BASES:

1ªObxecto

O presente concurso está destinado á elección dun cartel anunciadorpara o XXIX Mercado Medieval de Mondoñedo.

2ªParticipantes.

O concurso está aberto a tod@s as persoas físicas que desexenparticipar agás aquelas vencelladas de forma directa co Concello de Mondoñedo efamiliares de 1º e 2º grao ascendentes e descendentes das persoas que integreno xurado así como as súas respectivas parellas.

3ªOrixinais

As propostas de cartel poderán ser unha ou varias fotografía(s), un ouvarios debuxo(s), un ou varios gravado(s), etc. para crear a composición que apersoa considere máis axeitada para representar o Mercado Medieval deMondoñedo.

Os orixinais poderanse presentar en soporte físico ou en soportedixital. En todo caso terán que posuír unha resolución mínima en caso desoporte dixital ou tamaño mínimo en caso de presentación física.

O tamaño final do cartel será 69x34cm en posición vertical co que odeseño terá que adaptarse a estas proporcións.

No deseño deberase incluír, ao menos, como texto anunciador na zona eproporción que a persoa participante considere axeitada: ¿XXIX MercadoMedieval¿, ¿Mondoñedo¿, ¿7, 8 e 9 de Agosto¿, ¿Declarada de interese turísticogalego¿ e deberase contar cun espazo para colocar os logotipos da organizacióne dos patrocinadores.

As obras presentadas en dixital deberán presentarse en formato TIF ouBMP cunha resolución de 300 ppp e deberase presentar unha copia en baixaresolución para poder visualizar mellor o mesmo e poder o xurado proceder afallar o premio.

As obras presentadas en soporte físico deberán ter, ao menos, o tamañodun A4 coa proporción rectangular semellante á arriba indicada, para que, áhora de proceder á súa dixitalización, teña a o tamaño mínimo preciso. Nestesuposto deberase incluír os mesmos textos citados, así como ter un espazo paraos logotipos.

Só se admitirán orixinais en soporte físico que non podan serpresentados en dixital, tales como debuxos, pinturas, gravados, etc. feito áman sobre un soporte físico. Non se admitirán neste formato carteis feitos aordenador e impresos.

4ªPresentación de orixinais.

Os orixinais presentaranse en soporte dixital no e-mail mercado.medieval.mondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto ¿Concurso CartelMercado Medieval 2020¿.

O cartel incluirase como adxunto en baixa resolución podendotransferir o de alta resolución (300ppp) por wetransfer ou servizo semellantepara poder proceder á descarga, en caso de que non colla o mesmo dentro dacapacidade do e-mail.

O cartel non poderá ter ningún nome, símbolo ou detalles, máis aló dodeseño e do texto indicado nestas bases que poda dar lugar a unhaidentificación do autor.

En caso de ter marcas, nomes, sinais, etc. procederase a eliminar ápersoa do listado do concurso.

Coa recepción do orixinal, procederase a descargar o arquivo adxunto easignarlle un número que internamente o Concello identificará coa persoa autor/-ado mesmo e non se dará a coñecer nin á persoa participante nin ao xurado ataque falle o premio.

A presentación do cartel en soporte físico farase na Oficina deTurismo de Mondoñedo en horario de apertura ou enviarase por correo ordinario ámesma (Oficina de Turismo de Mondoñedo, Praza da Catedral, 34 ¿ 27740 Mondoñedo(Lugo) indicando: Concurso Cartel Mercado Medieval 2020).

Alí recollerase o orixinal e asignaráselle outro número ao igual queno caso anterior que será secreto ata o fallo do xurado.

Do mesmo xeito os orixinais presentados en soporte físico non podenter nome, marca ou semellante que poda servir para identificalos. En caso deque se dea algún destes supostos procederase tamén á súa eliminación doconcurso.

Tras o fallo do xurado e publicación dos resultados do mesmo, poderánproceder a recoller os orixinais presentados en soporte físico aquelas persoasque optaran por este formato. Para a súa recollida haberá que acreditar aidentidade de ser titular da obra que se quere recoller.

5ªPrazo de presentación

O prazo de presentación de orixinais comeza coa publicación destasbases na web e nas redes sociais do Concello de Mondoñedo e remata o día 31 de marzodo 2020, incluído este día.

6ªO Xurado

O xurado estará integrado por 5 membros e 1 secretario/-a. Os membrosterán voz e voto e o/a secretario/-a só voz pero non voto.

O Xurado estará presidido polo Concelleiro de Cultura e terá comovogais 2 persoas pertencentes ao Concello de Mondoñedo, ben sexan técnicos oumembros do equipo de goberno, e 2 persoas, alleas ao concello, colaboradorasnas tarefas de organización do evento con varios anos de experiencia no evento.Todos eles contarán con voz e voto.

O/A Secretario/-a será persoal da Oficina de Turismo de Mondoñedo, convoz pero sen voto, que levantará acta do resultado da reunión do xurado ecoordinará a recollida de orixinais e envío destes, unha vez rematado o prazode presentación de orixinais, aos diversos membros do xurado.

7ªResolución.

O Xurado reunirase en sesión única no mes de abril e fallará sobre osas propostas presentadas.

Tras diso comunicarase o/a gañador/-a do concurso e procederase ápresentación do cartel a comezos do mes de maio de 2020.

Se así o acorda o xurado o concurso pode quedar deserto.

8ªExposición publicación de orixinais

Os orixinais, de así consideralo oportuno o Concello, poderápublicalos nas súas redes sociais. Para o caso de orixinais en soporte físico,procederíase a realizar un dixitalizado previo dos mesmos.

Estas publicacións levaranse a cabo tras o fallo do xurado e coacorrespondente autoría indicada.

En caso de que os participantes non queiras que as súas obras sexanexpostas /publicadas salvo que sexan declarados/-as gañadores/-as, deberánindicalo de xeito explícito cando presenten os orixinas.

O deseño gañador será publicado no formato e tamaño que o Concelloestime oportuno ademais de ser o cartel para o ano 2020 que servirá depromoción do Mercado Medieval de Mondoñedo.

Na súa publicación, indicarase a autoría do mesmo no tamaño e posiciónque se considere axeitada a tal fin por parte do Concello.

9ªPremio

Establécese un único premio consistente en:

· 1fin de semana no Albergue da Natureza de Vilar para 4 persoas (en datas aconcretar entre a persoa gañadora e o Concello).

· 1lote de libros relacionados con Mondoñedo

· 1lote de produtos do CMAC

· 4invitacións para a Cova do Rei Cintolo a executar no presente ano 2020.

10ªFinal.

Calquera suposto non contemplado nestas bases será avaliado esolventado polo xurado.

A presentación de orixinais para a participación neste concursoimplica aceptar todas e cada unha das bases aquí expostas.

A resolución do xurado é inapelable.

En Mondoñedo a 6 de marzo de 2020.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com