Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

BASES IX PREMIO DE POESÍA MANUEL LEIRAS PULPEIRO

BASES IX PREMIO DE POESÍA

MANUEL LEIRAS PULPEIRO

OConcello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincialde Lugo, coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindonienseManuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética enlingua galega e na divulgación das súas autoras e autores, convoca o IX Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que serexerá polas seguintes bases:

PRIMEIRA.

Poderá concorrer ao premio calquera persoafísica que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficasvixentes e sancionadas pola RAG.

SEGUNDA.

Os poemas serán orixinais e inéditostanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutrosconcursos en data anterior á deliberación do Xurado. O incumprimento dalgunhadestas condicións nas obras premiadas significaría a anulación dasadxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas deadxudicación ou declarando deserto o premio.

TERCEIRA.

As composiciónsterán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.

CUARTA.

Deberánpresentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.

QUINTA.

Os orixinais non poderán ir asinadosnin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora,sendo presentados cun lema e título.

En sobre á parte e cerrado constaráo lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ouautora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de sermenor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que sepresenta a concurso.

O Xurado poderá eliminar por defectode forma as obras presentadas que non se axusten ao disposto nesta base.

SEXTA.

O prazo de admisión de orixinaisremata o día 15 de setembro de 2020, considerándose incluídas neste prazo asobras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ouanterior data.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

Concellode Mondoñedo

Praza do Concello, 1

27740 Mondoñedo (Lugo)

Coa indicación:

IXPremio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.

SÉTIMA.

O Xurado, que estará composto portres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais unrepresentante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario, farápública a súa deliberación a comezos de outubro de 2020.

A decisión do Xurado darase acoñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aosautores seleccionados mediante correo certificado.

A entrega do premio terá lugar nunacto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono.

No caso de que as obras presentadasnon acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ounon tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA.

Este concurso consta de trespremios:

Primeiro premio: 1.500 Euros, Placae Diploma.

Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.

Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.

NOVENA.

Os orixinais que obteñan premiopasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal PenaTrapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello deMondoñedo. Neste sentido, oautor ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeiraedición da obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.

De desexar o autor facer uso dos textospremiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello deMondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar napublicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de PoesíaManuel Leiras Pulpeiro.

DÉCIMA.

O importe do premio enténdeseíntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación doimposto sobre a renda das persoas físicas.


UNDÉCIMA.

Os premiados será invitados,expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedoé Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

DUODÉCIMA

As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, nonadmitíndose peticións de devolución.

DÉCIMO TERCEIRA.

A deliberación do Xurado éinapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como cantadecisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan serinterpretadas eaplicadas.

Descarga de archivos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com