Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

ORDENANZA REGULADORA DE ACCESO ÁS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA OU URXENTE NECESIDADE

ORDENANZAREGULADORA DE ACCESO ÁS PRESTACIÓNS ECONÓMICAS MUNICIPAIS DE EMERXENCIA OUURXENTE NECESIDADE

EXPOSICIÓNDE MOTIVOS

Segundoa Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, no seu artigo11.c, di que unha das funcións dos Servizos Sociais Comunitarios é aidentificaciónde grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de riscopara o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promociónsocial.

O Decreto 99/2012 de 16 de marzo polo que se regulan osservizos sociais comunitarios e os eu financiamento, contempla no seu artigo9.d como Programa Básico de Servizos Sociais o ¿Programa de Inserción socialque procurevalorar, dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situacións ourisco de exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención socialpersonalizados ou de grupo como prestacións económi­cas específicas. Inclúensenesta categoría os proxectos expresamente dirixidos ao des­envolvemento,promoción e integración da comunidade xitana e outras minorías étnicas¿.

E este mesmo Decreto 99/2012 tamén di no artigo 23.b que os servizos sociais comunitarios Participarán, de acordo coanormativa de aplicación, no procedemento de asignación das prestaciónseconómicas de inclusión social referidas no número 1 do artigo 18 da Lei13/2008, de servizos sociais de Galicia, orientadas a satisfacer necesidadespecunia­rias básicas e a estimular a incorporación social e laboral. De maneiraparticular analizarán o perfil socio-laboral de cada caso e expedirán osinformes e propostas de derivación e idoneidade do recurso que se establezan noprocedemento.

Considérase preciso regular unha serie de axudaeconómicas para paliar situación carencias e urxentes que complementarán as dasoutras administracións públicas, tamén competentes nesta materia, tentando conelo mellorar a inmediatez nas respostas das necesidades presentadas e áadaptación eficaz ante as novas demandas dunha problemática social cada vezmais cambiante.

A proximidade da administración local coa cidadaníaobriga aos servizos sociais comunitarios a detectar estes cambios para cubrir as necesidades básicas existentes e previr riscos de exclusión social.

Entre estes cambios sociais cabe sinalar osseguintes, que son obxecto principal daexclusión social

  1. O fenómeno da inmigración
  2. O colectivo de persoas afectadas pola crise económica que se quedaron sen emprego ou que a súa situación laboral é precaria.
  3. O Colectivo das persoas maiores, persoas dependentes e persoas con discapacidade, que precisan de axudas técnicas, que moitas delas non se contempla a súa financiación nas outras administración públicas ou de ser o caso, esta é parcial.
  4. O acceso da muller a o mundo laboral, sen acompañarse da incorporación plena dos homes aos coidados familiares.
  5. A modificación da tipoloxía das unidades familiares, que pasa de ser familia extensa a nuclear e incluso a monoparental, polo que se precisan axudas para a conciliación da vida familiar e laboral

Por todo elo o Concello de Mondoñedo considera preciso a elaboración desta ordenanza para regular as axudasque a continuación se definen.

CAPÍTULOI

DISPOSICIÓNSXERAIS

Artigo1.- Obxecto.

É obxecto desta ordenanza o regulamento dun conxunto deprestacións económicas dirixidas a paliar situacións carenciais graves queafecten ás necesidades básicas e/ouextraordinarias das persoas residentes e empadroadas no Concello de Mondoñedo.

Artigo2.- Definición

1.- As axudas de emerxencia municipal son prestacións nonperiódicas, de natureza económica, destinadas a aquelas persoas, integradasnunha unidade de convivencia cuxos recursos resultan insuficientes para facerfronte aos gastos específicos, de carácter ordinario ou extraordinario,necesarios para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social.

Artigo3.- Características.

1. Estas axudas teñen carácter finalista polo que sedestinarán exclusivamente á finalidade para a que foron concedidas.

2. Teñen o carácter de subvención directa.

3. Son transitorias e non periódicas.

4. A concesión anual destas prestacións está suxeita áexistencia de crédito orzamentario municipal destinado a este fin.

5. Terán ademais un límite decrédito anual por persoa ou unidade de convivencia solicitante.

Artigo4.- Persoas beneficiarias.

1. Terán a consideración de persoasbeneficiarias aquelas persoas ou unidades familiares que se atopen nunhasituación de precariedade económica tal que dificulte ou imposibilite a coberturadalgunha das súas necesidades básicas que cómpre cubrir de xeito urxente e/ouen todo caso imprescindiblemente no menor tempo posible.

2. Considérase unidade de convivencia a todas aquelaspersoas que convivan nun mesmo domicilio e que manteñan lazos vinculantes derelación familiar. Non poderán ser beneficiarias de ningunha das prestaciónsaquí reguladas dúas persoas da mesma unidade de convivencia ao longo do mesmoexercicio económico.

3. No caso de que convivan mais dunha unidade deconvivencia no mesmo fogar será a traballadora social de referencia quenestableza no seu informe social que persoas, das empadroadas ou residentes nodomicilio, teñen a consideración de unidade de convivencia independente.

4. Non poderán ser beneficiarios destas axudas unhapersoa individual nin, no seu caso, calquera dos membros da súa unidadeconvivencial cando:

8.2. Foranpropietarios ou usufrutuarios de bens mobles ou inmobles con características,valoración, posibilidade de venda ou calquera outro xeito de explotación queindiquen, de xeito notorio e fundamentado no informe social do/atraballador/a social, a existencia demedios materiais suficientes para atender os gastos obxecto de cobertura destaordenanza. O informe social tras o análise dos signos externos expostos nosparágrafos anteriores, terá presunción de certeza salvo proba en contrario, enel constarán de xeito detallado as consideracións nas que se fundamenta a súavaloración. Queda excluída do establecido no parágrafo anterior, a vivendahabitual que constitúa o fogar de convivencia e non teña carácter suntuario.

b) As persoas que teñan familiares obrigados a prestaralimentos, en virtude do previsto no Título VI do Libro I do Código Civil:conxugue , pais, fillos/as por consanguinidade ou uterinos e irmáns.

Non obstante, considérase que non teñen obriga de prestaralimentos:

¾ Os parentes que, en atención ás circunstancias socioeconómicasconcorrentes, non poidan facer fronte ou atender ás necesidades da unidadefamiliar solicitante sen desatender as súas propias ou as dos familiares ao seucargo.

¾ Cando non exista relación cos mesmos ou de existir que está sexaconflitiva.

Artigo5.- Requisitos xerais.

Os requisitos xerais para ter dereito ás axudasestablecidas nesta ordenanza son os seguintes:

8.3. Ter residenciaefectiva e estar de alta no Padrón municipal do Concello de cunha antigüidade mínima de catro meses.

Exceptúanse da obriga de antigüidade no empadroamento osseguintes casos:

a) As vítimas de violencia doméstica ou de xénero conesta situación debidamente acreditada que muden o seu domicilio por esta razón.

b) Persoas en situación de necesidade extrema sobrevidacon valoración e informe social do/a traballador/a social dos servizos sociais municipais.

c) Persoas estranxeiras refuxiados ou con solicitude deasilo en trámite, sempre que teñan autorizada a súa estancia por razónshumanitarias e que cumpran o resto dos requisitos para solicitar estas axudas.

2. Acreditar a situación de necesidade mediante apresentación da documentación que se sinala no artigo 18 desta ordenanza ou aque sexa considerada necesaria polos servizos sociais municipais.

3. Como regra xeral, para acceder a concesión destasaxudas os ingresos non poderán superar os límites establecidos na seguinte táboa:

UNIDADE FAMILIAR

LIMITE DE INGRESOS

1

Ate o 100% do IPREM

2

Ate o 125% do IPREM

3

Ate o 150% do IPREM

4

Ate o 175% do IPREM

5

Ate o 200% do IPREM

6

Ate o 225% do IPREM

7

Ate o 250% do IPREM

Excepcionalmente, e coa valoración favorable dos/astraballadores/as sociais, en caso de especial vulnerabilidade social poderaseconceder a axuda aínda superando o límite económico establecido.

3. Todos os membros da unidade de convivencia que seatopen en idade legal de traballar, deben estar inscritos como demandantes deemprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego, excepto aqueles queacrediten estar matriculados nun centro educativo regulamentado.

4. No caso de ser valorado polo/atraballador/a social a persoabeneficiaria e os integrantes da unidade familiar asinarán un proxecto deintervención familiar co fin de evitar aexclusión social favorecendo a inserciónsocio-laboral.

5. Quedaexceptuado como requisito establecido pola Lei Xeral de subvenciones 38/2003 epola Lei de subvencións de Galicia 9/2007 a acreditación polo suxeito propostocomo beneficiario de estar ao corrente da súas obrigacións tributarias e frontea Seguridade social.

Artigo6.-Determinación de ingresos.

8.4. Para adeterminación dos ingresos da persoa e ou da unidade de convivencia, terase enconta o seguinte:

a. Ingresos de traballo por conta allea: salarios,pensións, subsidios de carácter periódico.

b. Ingresos de traballo por conta propia .

c. Ingresos procedentes de capital mobiliario einmobiliario (valores mobiliarios e activos financeiros en xeral, tanto derenda variable como fixa, así como os obtidos pola titularidade de todo tipo decontas en institucións financeiras.

No capital inmobiliario computaranse particularmente osrendementos obtidos por alugamentos, traspasos ou cesións, tanto de bensrústicos como urbanos.

d. Outros ingresos que puideran existir non incluídos nosapartados anteriores.

2) Son gastos deducibles:

a. Os gastos realizados con ocasión de enfermidade gravesempre que se xustifique que foron aboados por membros da unidade deconvivencia e non foron nin serán reembolsados posteriormente por parte deentidades públicas ou mutualidades. Deduciranse na súa totalidade do cómputoxeral.

b. O pago de alugamento ou hipoteca relativa a vivendahabitual, de xeito que se descontará do cómputo dos ingresos familiares ata unmáximo de 250 € mensuais.

Artigo7.- Criterios de prioridade na concesión.

Logo da comprobación da súa manifesta necesidade, e enigualdade de condicións fronte a situacións de escaseza de créditoorzamentario, utilizaranse os seguintes criterios na priorización da concesión:

  1. As familias con menores ou persoas con discapacidade e /ou dependencia recoñecida ao seu cargo terán prioridade.
  2. As situacións sociofamiliares nas que a concesión da prestación solicitada resolva definitivamente a necesidade presentada, sempre que non exista outra axuda pública que poda acadar o mesmo resultado.

Artigo8.- Importe máximo das axudas.

En ningún caso a cantidade percibida nun ano pola unidadefamiliar beneficiaria das axudas comprendidas neste regulamento, poderá superar na súa totalidadeen dúas veces o IPREM mensual vixente.

CAPÍTULOII

TIPOS DENECESIDADES E CONTIAS DAS AXUDAS.

Artigo9.- Tipos de necesidades.

Os tipos de necesidades ás que se poderán destinar asaxudas previstas, así como os criterios a ter en conta para determinar a contíada axuda económica a conceder que, en ningún caso superará o límite queestablece o artigo 8 deste regulamento, son as seguintes:

1. Gastos derivados das necesidades básicas da vivendahabitual, tales como: alugamento, hipoteca ou recibos de subministración , oureparacións básicas urxentes da vivenda .

2. Gastos de aloxamento alternativo temporal

3. Gastos de alimentación

4. Gastos de menciñas e outrosprodutos de carácter sanitario que non teñan cubertos polo Sistema Público deSaúde

5. Gastos apoio á conciliación familiar e laboral

6. Gastos de transporte

7. Calquera outro gasto que non estando recollido nosapartados anteriores que o/a traballador/ra social considere, motivándoo no seu informe, queresulta imprescindible para a atención inmediata dunha situación carencialurxente de cara a cubrir e garantir uns mínimos de subsistencia persoal, ou bennecesaria para o éxito do proxecto.

Artigo10.- Axudas para necesidades básicas da vivenda.

Enténdese por necesidades básicas da vivenda, omantemento da vivenda habitual, que comprende axudas para o pago de alugamento,pagamento de fianza ou primeira mensualidade, hipoteca e os recibos desubministración de auga, luz, gas e comunidade de veciños así como reparaciónsurxentes da vivenda que impidan a habitabilidade da mesma ou adaptaciónfuncional do fogar.

O solicitante dunha axuda para reparacións urxentes davivenda que impidan a habitabilidade da mesma ten que ser propietario davivenda para a que solicita a axuda. Neste concepto incluiranse unicamente asnecesidades de adaptación mínima que afecten á estrutura da vivenda, así como áinstalación de servizos hixiénicos sanitarios, ou adaptacións funcionais dofogar debidamente acreditadas a súa necesidade e urxencia.

A cantidade máxima subvencionada en concepto mensual dealugueiro ou hipoteca non poderá ser superior a 400€.

Artigo11.- Gastos de aloxamento alternativotemporal

Cobertura de gastos de aloxamento temporal anteemerxencias ou sinistros como incendios, desafiuzamentos, ruína ou porsituacións de problemática convivencial, de saúde ou de risco social.

Artigo12.- Gastos de Alimentación, hixiene persoal e do fogar e vestido.

Cobertura de alimentación, vestido, hixiene persoal e do fogar e enxoval de primeira necesidade

Artigo 13.- Gastos demenciñas e outros produtos de caráctersanitario que non teñan cubertos polo Sistema Público de Saúde.

Nos casos de medicación ,as familias que teñan en trámitea tarxeta sanitaria ou carezan dela poderá aboárselles a totalidade do importeda receta ata que se solucione a situación.

Os gastos a cubrir terán que ser debidamentexustificados e motivados por informes profesionais.

Artigo14.- Gastos apoio á conciliación familiar e laboral.

Considéranse este tipo de gastos os seguintes:

1.- Gastos en beneficio do menor: material escolar,actividades extraescolares, comedor escolar, escola infantil, etc.

2.- Gastos para prestar un servizo a familias nas que, por concorrer unhasituación inesperada e carecer dunha rede familiar, precisen dun apoio temporalpara o coidado dos seus fillos e fillas para poder asistir ao seu traballo,formación, tratamento médico ou para garantir a cobertura de necesidadesbásicas.

Ademais dos requisitos xerais sinalados no artigo 5 desteregulamento, o beneficiario desta axuda:

1. Acreditación da situación que orixina a petición daaxuda.

2. O período máximo desta axuda será de catro meses,poderase prorrogar excepcionalmente en casos moi puntuais e debidamenteacreditados e xustificados, tanto documental como tecnicamente.

Artigo15.- Gastos de transporte.

Son axudas que permiten o desprazamento en transporte público, en transporte propioou privado (excepcionalmente nestes dous últimos casos) para asistir a centrossanitarios, educativos, de emprego, ocupacionais, etc.

CAPÍTULOIII

PROCEDEMENTODE CONCESIÓN

Artigo17.- Solicitude

1. O procedemento iniciarase, en todo caso, por solicitude da persoainteresada.

2. A solicitude, dirixida ao Sr/a.Alcalde/sa-presidente/a da Corporación, formularase en modelo normalizado edeberá presentarse no Rexistro xeral do Concello, ou conforme ao disposto noart. 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico dasadministracións públicas e procedemento administrativo común.

3. Poderán realizar esta solicitude as persoas físicasque reúnan os requisitos xerais contemplados no Capítulo I desta ordenanza.

4. A solicitude, debidamente cumprimentada, deberá serasinada pola persoa solicitante ou, no seu caso, polo seu representante legalou gardador de feito.

5. Xunto coa solicitude achegarse a documentaciónacreditativa á que se fai referencia no artigo seguinte que acredite osrequisitos específicos de cada unha das axudas contempladas neste regulamento eaporte datos suficientes para a valoración da situación socioeconómica daunidade de convivencia.

6. A persoa interesada asinará autorización econsentimento para obter os documentos que obren na Administración, así coma ainformación adicional que se considere necesaria para completar o expediente,dirixíndose aos órganos públicos ou privados competentes, ou a través dosmedios previstos na Lei 30/92 , de 26 de novembro, de Réxime xurídico dasadministracións públicas e do procedemento administrativo comín.

Artigo18.- Documentación.

Documentación acreditativa dos requisitos a aportar polapersoa solicitante xunto a solicitude:

1.- DNI, permiso de residencia ou pasaporte dosolicitante e, no seu caso, de todos os membros da unidade familiar.

2.- Certificado de convivencia.

3.- Libro de Familia ou documento análogo, no suposto denon telo, que acredite o requisito esixido para optar á axuda que se solicite.

4.- Declaración xurada da situación de familiaresobrigados a prestar alimentos (pais, fillos e irmáns).

5.- Documentación xustificativa da situación de emprego eeconómica de todos os membros en idade laboral.

6.-Se están en situación de desemprego e non acreditandocumentalmente unha situación das contempladas como excepción a este puntoneste regulamento:

7.-Tarxeta de demanda de emprego

8.- Certificado do Servizo Público de Emprego no que serecolla se percibe ou non prestación ou subsidio de desemprego e a súa contía

9.- Se realizan algunha actividade laboral sen asegurar,deberá achegar unha declaración responsable dos ingresos que perciben mensualmentepor esta actividade.

10.-Se están ou estiveron en activo nos últimos seismeses, deberá presentar as nóminas xustificativas dos ingresos percibidos neseperíodo.

11.- Copia, se a teñen feita, da declaración do IRPF doúltimo exercicio ou certificación negativa da Axencia Tributaria de non estarenobrigados a presentala .

12.- Certificado expedido polo órgano competente daseguridade social que corresponda, sobre percepción ou non, de pensión e a súacontía.

A documentación que este en poder do Concello seincorporará de oficio ó expediente.

Artigo19.- Resolución e mellora da solicitude:

8.5. Unha vezrexistrada a solicitude, o/a traballador/a social a procederá a revisar adocumentación recibida. Se a solicitude non reúne todos os datos e documentosaludidos anteriormente, requirirase á persoa interesada para que, deconformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/92, do 26 de novembro, no prazode 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicaciónde que se non o fai, se lle terá por desistido da súa petición, logo deresolución ditada para o efecto, nos termos que se establecen no artigo 42 daprecitada lei.

8.6. O órganocompetente poderá recabar do solicitante a modificación ou mellora voluntariados termos daquela.

Artigo20.- Instrución.

1. A instrución do expediente corresponderá á traballadora social responsablede cada unidade de traballo social, que poderá recabar a documentacióncomplementaria dos solicitantes así como a comprobación de datos o aclaraciónsde dúbidas da documentación que obra no expediente, sempre que o considereoportuno para a correcta instrución do procedemento.

2. O expediente incorporará o informe social no que se recollan ascircunstancias socio-familiares e económicas da unidade familiar, a situaciónde necesidade ou calquera outro dato que se considere de interese. O informerecollerá todos os extremos indicados, sen prexuízo de engadir aqueles extremosda valoración que a xuízo da informante se consideren pertinentes.

3. Unha vez que remate a tramitación do procedemento o/a traballador/a socialformulará proposta de resolución que se elevará ao órgano competente pararesolver.

4. En calquera momento do período temporal para a que foi concedida a axuda oórgano competente poderá proceder a revisión e modificación da concesión damesma, despois da solicitude documental oportuna sempre que teña indicios decambio na situación socio económica familiar que poida afectar a resoluciónemitida.

Artigo21.- Causas de denegación ou extinción da axuda.

8.7. Soncausas de denegación da solicitude de axuda:

a) Non reunir os requisitos esixidos nesta ordenanza.

b) Ter familiares obrigados a prestar alimentos, envirtude do previsto no Título I do Código Civil.

c) Non ter cumpridas outras obrigas derivadas de calqueraprograma ou prestación da Área de Benestar Social, con indicación expresa damesma, tendo presunción de certeza o expresado polos técnicos sociaisinformantes no procedemento salvo proba en contrario.

d) Calquera outra que non estando recollida nos apartadosanteriores o/a traballador/a social considere, motivándoo no seu informe.

8.8. Soncausas de extinción da axuda:

a) Falecemento

b) Perda dalgún requisito

c) Cambio de residencia

d) Incumprimento de obrigas.

e) Ocultamento ou falseamento de datos

Artigo22.- Resolución e notificación.

1. O/A Alcalde/sa ou concelleiro/a Delegado/a é o órganocompetente para resolver sobre as solicitudes presentadas que, á vista dosinformes e propostas emitidos, ditará resolución motivada, incluíndo oscontidos do artigo 89 da Lei 30/92.

2. A resolución conterá expresión concreta sobre á formade pago e expresión de condicións a cumprir, no seu caso.

8.9. O prazomáximo para resolver e notificar á persoa interesada, será de tres meses, desde a data en que a solicitude serexistrara de entrada no Concello. Non tendo ditada resolución expresa no prazoindicado, a solicitude entenderase desestimada.

Artigo23.- Procedemento abreviado.

Contemplarase a posibilidade dun procedementoadministrativo abreviado para casos excepcionais que precisen unha respostainmediata.

CAPÍTULOIV

PAGAMENTODA SUBVENCIÓN E OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

Artigo24.- Aboamento da axuda económica.

A axuda concedida destinada a pagos de subministraciónsbásicas de luz, gas, auga, (compañías de subministracións) efectuaransedirectamente polo Concello mediante transferencia á conta de domiciliación dorecibo, previa presentación da factura correspondente polo beneficiario, econforme o procedemento regulado no artigo 17 da presente ordenanza.

As axudas destinadas a cobertura de necesidades básicas(compra de alimentos, leite materno infantil, cueiros, farmacia, hixienepersoal e limpeza) realizaraos directamente o Concello ao prestador do servizo(establecementos comerciais conveniados), previa presentación da factura poloprovedor e conforme o procedemento regulado no artigo 17 da presente ordenanza.

As axudas destinadas a vivenda (pago do arrendamento ouhipoteca bancaria) realizaranse mediante pago por transferencia ao número daconta bancaria do arrendador á que o beneficiario transfire o pago mensual doarrendamento, ou entidade crediticia da débeda).

O pago da axuda efectuarase sempre que sexa posible áentidade ou profesional prestador do servizo, excepto en casos moixustificados, debidamente apuntados en expediente, nos que se abonarádirectamente ao beneficiario.

Artigo25.- Obrigas dos beneficiarios das axudas.

Constitúen obrigas dos beneficiarios destas axudas asseguintes:

  1. Destinar as cantidades recibidas á finalidade para que foron solicitadas, debendo presentar, no seu caso, no prazo máximo de tres meses, xustificante ou factura de ter realizado o pago para o que fora concedida a axuda polo importe total da mesma.
  1. Comunicar aos servizos sociais comunitarios do Concello, no prazo de 10 días, as variacións substanciais que se dean na súa situación laboral, económica, composición familiar e calquera outra que poida supoñer un cambio na valoración inicial que deu lugar á concesión da axuda.

  1. Facilitar o seguimento da súa situación ao persoal técnico dos servizos sociais comunitarios do Concello.

  1. Os beneficiarios de axudas ou, no seu caso, os seus representantes legais, deberán proceder ao reintegro das axudas concedidas en caso de incumprimento das obrigas que se establecen neste artigo.

Artigo26.- Reintegro e Réxime Sancionador.

A falsidade ou ocultación de datos ou documentosachegados polas persoas beneficiarias da axuda, así como a non xustificacióntotal ou parcial da mesma, ou destinada a un fin distinto para a que foiconcedida, implicará o impedimento de solicitar unha nova axuda por un períododun ano, ou coas normas de aplicación baseadas na lei 38/2003 de 17 denovembro, Xeneral de subvencións e na lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvenciónsde Galicia.

No caso de que a persoa beneficiaria non teña xustificadoo bo uso da axuda dará lugar à obriga de reintegrar a cantidade non xustificadao concello deberá tomar as medidas necesarias e principalmente, denegar calquera outra subvención

Artigo 27.- Publicidade eincorporación ao Rexistro municipal de subvencións.

1. Das resolucións de concesión destas axudas daraseconta ao Rexistro municipal de subvencións, que incorporará os datosconsiderando o disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro deprotección de datos de carácter persoal.

2. Nos modelos normalizados empregados no procedemento,incluirase a información a que fai referencia o artigo 5 da precitada Leirelativos ao seu dereito a ser informados da incorporación e tratamento dosseus datos persoais, así como, no seu caso, o consentimento expreso pararealizar o mesmo.

Dilixencia.- Para facer constar que a presente ordenanza foi modificada no Pleno daCorporación, en sesión ordinaria de 24 de novembro de 2017,(publicadaaprobación inicial no BOP nº 288 de 18/12/2017), aprobada definitivamente epublicada no B.O.P. nº 031 de 07/02/2018.

Se queres descargar esta ordenanza:

http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/RecursosWeb/DOCUMENTOS/5/0_2270_1.pdf

Se queres acceder a todas asordenanzas municipais en vigor:

http://www.concellomondonedo.es/portal_localweb/p_101_contenedor1_ayto_mondonedo.jsp?seccion=s_fdes_d4_v2.jsp&codbusqueda=416&language=gl&codResi=5&codMenuPN=235&codMenuSN=243&codMenu=690&level=1

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com