Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BASES XXI PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

BASES XXI PREMIO DE POESÍA DÍAZ JÁCOME

O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura daDeputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre osmozos/as, convoca o XXI Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

PRIMEIRA.

Poderán optar ao premio todas aspersoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súanacionalidade.

SEGUNDA.

Os poemas serán orixinais einéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anteriorao fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obraspremiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado aformular de novo as propostas de adxudicación ou a declarar deserto o premio.

TERCEIRA.

As composicións terán unha extensiónmáxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor.

CUARTA.

Deberán presentarsecatro orixinais en tamaño DIN A4 impresos a dobre espazo.

QUINTA.

Os orixinais non poderán ir asinados nin levaráninscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor, sendo presentados cunlema e título.

En sobre aparte e cerrado, constaráo lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor,domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obraé inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia dolibro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso eincluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.

O Xurado poderá eliminar por defectode forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.

SEXTA.

O prazo de admisión de orixinais rematao día 15 de setembro de 2020, considerándose incluídas neste prazo as obras queenviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.

As obras deberán enviarse ao seguinte enderezo:

Concellode Mondoñedo

Praza do Concello, 1

27740 Mondoñedo (Lugo)

Coa indicación:

XXI Premio de Poesía Díaz Jácomepara novos creadores.

SÉTIMA.

O Xurado que estará composto portres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, fará pública a súadeliberación no mes de novembro de 2020.

A decisión do Xurado darase acoñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada aosautores seleccionados mediante correo certificado.

A entrega do premio terá lugar nunacto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro.

No caso de que as obras presentadasnon acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ounon tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.

OITAVA.

Este concurso consta de trespremios:

Primeiro premio: 1.500 Euros, Placae Diploma.

Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.

Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.

NOVENA.

Os orixinais que obteñan premiopasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal PenaTrapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello deMondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre seterá en conta que nunca perderá os seus dereitos.

De desexar o autor facer uso dos textospremiados para a súa publicación, deberá solicitar permiso ao Concello deMondoñedo. De serlle concedido, o autor comprométese a facer constar napublicación, expresamente, que os textos foron distinguidos no Premio de PoesíaDíaz Jácome para Novos Creadores.

DÉCIMA.

O importe do premio enténdeseíntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación doimposto sobre a renda das persoas físicas.

UNDÉCIMA.

Os premiados será invitados,expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedoé Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

DUODÉCIMA

As obras non premiadas serándestruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.

DÉCIMOTERCEIRA.

A deliberación do Xurado éinapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como cantadecisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan serinterpretadas eaplicadas.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com