Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Noticias

Noticias

INSTRUCIÓN DO EXCMO. CONCELLO DE MONDOÑEDO CON RESPECTO AO CORNAVIRUS E DAS ACCIÓNS AO RESPECTO COS SERVIZOS DO CONCELLO

Vista a instrución da FEGAMP de3 data 15 de marzo de 2020 na que se propóna adopción de varias medidas, o Concello de Mondoñedo acorda:

1º Crear a Comisión Municipal de seguimento, da evolución do COVID-19,integrada por:

ü OAlcalde da Corporación.

ü OsTenentes de Alcalde.

ü Unmembro da Policía Local

ü Oresponsable da Agrupación de voluntarios de Protección Civil.

ü Unhapersoa dos servizos administrativos municipais.

2º A comunicación co Concello debe realizarse de xeito telemático a través dasede electrónica municipal, do mail, concellomondonedo@gmail.com e a través dos seguintes teléfonos:

ü Casado Concello ¿ 982 524 003

ü PolicíaLocal ¿ 629 469 561

ü Emerxencias(Protección Civil) ¿ 654 501 808

ü ServizosSociais ¿ 697 966 005 (este servizo ditou un comunicado específico parausuarios de SAF)

ü Aqualia(empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga) 982 521 824 e 900 813 047(AVARiAS)

En caso de non dispoñer de medios telemáticos, en supostos de urxencia, oConcello atenderá presencialmente, previa petición de cita nos teléfonosreferidos, adoptando as medidas de seguridade que indican as autoridades.

3º Establécense uns servizos mínimos para o funcionamento dos diferentesservizos municipais, que en todo caso traballarán a porta pechada e atendemos arecomendación da propia FEGAMP atendendo cada un dos servizos citados por unhapersoa:

ü Estatística

ü Rexistroe Portelo

ü Intervención

ü Tesouraría

ü Víase Obras

ü Electricidade

ü Cemiterio

4º O persoal que non preste servizo dunha forma presencial, deberá estardispoñible para prestar o servizo cando sexa requirido.

5º Quedan suspendidas a s sesións periódicas ou ordinarias dos órganoscolexiados municipais.

6º Prestarase total colaboración a todas as autoridades, sanitarias, aatención á cidadanía, especialmente ás persoas máis vulnerables.

7º Estudará a suspensión do cobramento de taxas, así como aprazamento efraccionamento de taxas, impostos, etc, para os sectores económicos afectados.

Mondoñedo, na data da sinatura

O Alcalde

Manuel Angel Otero Legide

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com