Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL

CARTEL-PRENDE_2019

Convidámoste, para a reunión que terá lugar no Salón de Actos do Centro Comarcal o vindeiro martes 7 de xaneiro de 2020 ás 10:15 h, paradar a coñecer o programa PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO.

A esta reunión asistirá persoal da Deputación de Lugo, para dar acoñecer e difundir este programa.



Dende a Área de Promoción Económica e Emprego querémosvos presentar
o programa PRENDE! BOTA RAÍCES NO RURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO,
destinado a contribuír a mellora da empregabilidade no rural mediante a
formación, a través da Medida 8.2.3.1. "GENÉRATE TU EMPLEO EN EL
RURAL", consistente na financiación dos custos directos de formación
en materia de autoemprego e creación de empresas, así coma na
formación específica en materias de sectores concretos: hostalería e
turismo, enerxía e auga, agricultura e gandería e medioambiente, por
considerarse estes sectores emerxentes e de gran pontencialidade na nosa
provincia.

DESTINATARIOS

Está dirixido a aqueles mozos e mozas que desexen participar na
formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran
asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no
Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:

* Mozos e mozas MAIORES DE 16 E MENORES DE 30 ANOSno momento da
solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve, poderá ser
destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación
no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento,
neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
* Estar INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONALDE GARANTÍA
XUVENIL.
* E obriga indispensable que os mozos e mozasbeneficiarios de
calquera medida estean EMPADROADOS durante o período de vixencia da
subvención NALGÚN DOS MUNICIPIOS definidos no artigo 2 do Real Decreto
1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no ANEXO I ¿ LISTAXE
CONCELLOS desta convocatoria.
* Non estar incurso/a en ningunha das prohibiciónspara obter a
condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13
da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa
Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.

FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

* Presentación telemática a través da sedeelectronica
http://sede.deputacionlugo.org

* Presentación en papel: descargando adocumentación que se atopa a
disposición dos usuarios na web [1] e na sede electrónica [2] da
Deputación de Lugo.


PRAZO: 17/12/2019 AO 09/01/2020

DOCUMENTACIÓN Os mozos e mozas interesados en participar, deberán
comunicar a súa vontade de adhesión (Modelo de Solicitude), segundo os
modelos aprobados pola Excma. Deputación Provincial de Lugo
manifestando expresamente que asume os deberes e compromisos previstos
no programa mediante a súa sinatura xunto coa seguinte documentación:

Documentación xeral:

* Solicitude de adhesión a Medida 8.2.3.1.¿Genérate tu empleo en
el rural¿ Prende!Bota Raíces no Rural asinada.
* DNI ou NIE do solicitante e do representante deser o caso
* C.V actualizado.
* Certificado de empadroamento a data dasolicitude.
* Xustificante de inscrición no ficheiro do sistemanacional de
garantía xuvenil.
* Anexo II ¿ Declaración responsable doparticipante ao inicio da
actuación asinado.
* Anexo III - Autorización para actuar comorepresentante a efectos
da solicitude, de ser o caso.
* Certificacións de estar o corrente das obrigastributarias (Axencia
Estatal e Autonómica), Seguridade Social e Deputación de Lugo, só no
caso de non autorizar a súa comprobación.
* Certificado da conta bancaria onde conste comotitular o
solicitante.

Documentación específica:

* Certificado de discapacidade, vulnerabilidade,copia cotexada do
libro de familia, ou certificado de empadroamento da unidade familiar de
ser o caso, para acreditar a situación familiar.
* Copia cotexada da titulación de maior rango.

Para máis información ou dúbidas podedes poñervos encontacto con
nós a través do 982.260.204 e do enderezo electrónico
agenciadecolocación@deputacionlugo.org
Un saúdo,



Links:
------
[1] http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera
[2] http://sede.deputacionlugo.org

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com