Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O ORZAMENTO DE MONDOÑEDO PARA 2020 ASCENDE A 3,6 MILLÓNS E ESTÁ DESEÑADO CON CRITERIO MARCADAMENTE SOCIAL, REALISTA E PRUDENTE

Orzamentos_2020

O ORZAMENTO DE MONDOÑEDO PARA 2020 ASCENDE A 3,6 MILLÓNS EESTÁ DESEÑADO CON CRITERIO MARCADAMENTE SOCIAL, REALISTA E PRUDENTE

O goberno local acaba de presentar o proxecto de orzamentopara o ano 2020, tal e como vén facendo dende que 2015. Estes orzamentosconsolidan o incremento de servizos sociais e mostran o compromiso do Concelloco benestar dos nosos maiores e da poboación en risco de exclusión social.

O orzamento municipal de 2020 ascenderá a 3.639.598,52euros, equilibrado en ingresos e gasto. É un orzamento, segundo destaca aalcaldesa, de ¿marcado carácter social en tanto que centra ás persoas como aprioridade do destino dos recursos económicos do noso Concello¿. As inversións,sumado o capítulo VI ás obras que está previsto executar e que non figuran neseapartado por, entre outros motivos, descoñecer aínda as aportacións doutrasadministracións, chegarán probablemente aos 755.000 euros.

Con respecto ao carácter social do orzamento, cómpreresaltar en primeiro lugar a partida destinada ao servizo de axuda no fogar, unservizo que atende a máis de 110 usuarios e xera 25 postos de traballo.

Igualmente, a voceira do goberno e concelleira de Benestar eFacenda, Ángeles Rodríguez, engade que ¿estes orzamentos contribúen aconsolidar o benestar dos nosos maiores e da poboación en risco de exclusiónsocial¿ e mostran ¿o compromiso que temos co incremento dos servizos sociaisentre os que se atopan o centro de menores e o transporte do centro de día,financiado con fondos do Concello¿, entre outros servizos.

Rodríguez, por outro lado, explica que o incremento querepresenta o capítulo I, é dicir, os gastos de persoal se debe ¿á aplicación donovo convenio e a RPT; polo que o Concello ten que facer fronte á mellora dasretribucións dos seus traballadores¿. Segundo defende a edil de Facenda, ¿dendeo Concello sempre tentamos xestionar do modo máis eficiente posible os recursoshumanos municipais, desde o respecto máis escrupuloso aos dereitos laborais eeconómicos¿.

INVESTIMENTOS:

As inversións recollidas nestes orzamentos teñen comoobxectivo mellorar as infraestruturas do municipio e, sobre todo, mellorar acalidade de vida de tódolos mindonienses.

Así, o capítulo de investimentos, o VI, totaliza 257.632euros, dos que 62.633 corresponden a fondos propios do Concello. Neste apartadofigura entre outras obras a renovación do alumeado público exterior do cascohistórico de Mondoñedo, por importe de 172.767 euros, dos que o Concello aporta34.553 euros.

Ao marxe das actuacións que figuran no capítulo VI estánprogramadas polo Concello outras relevantes como é o acondicionamento da Prazada Catedral, que ten un orzamento de 258.739 euros dos 64.684 euros son fondospropiamente municipais. Igualmente, está prevista a execución do proxecto paraa mellora da eficiencia e aforro de enerxía no alumeado ornamental da Catedral,que ten un custo de 156.311 euros, dos que 125.049 euros serán financiados poloIDAE.

No proxecto de orzamentos para 2020 non se inclúen, como xase indicou, a totalidade das inversións previstas. Entre outros motivos porquese descoñece o alcance concreto das subvencións procedentes doutrasadministracións, tales como o Plan Marco, para o que se estima unha partida de83.000 euros, ou o Plan Único da Deputación.

REBAIXA DO IMPOSTO DE PLUSVALÍA ¿AO MÁXIMO PERMITIDO POLOSINFORMES¿

Por outro lado, o Goberno municipal anunciou que se inicianos trámites para rebaixar a carga impositiva aos veciños de Mondoñedo. Novindeiro pleno se abordará o primeiro paso para aplicar unha redución aoimposto de plusvalía ao máximo posible, é dicir, o máximo que nos permiten osinformes técnicos.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com