Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

PRAZAS VACANTES NA 5ª EDICIÓN DO PROGRAMA EMPRENDEDORES COWORKING MONDOÑEDO

PRAZAS VACANTES NA 5ª EDICIÓN DO PROGRAMA EMPRENDEDORES COWORKING MONDOÑEDO
Un ano máis a colaboración entre a EOI (Escola de Organización Industrial), o IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e o Concello de Mondoñedo pon a disposición dos emprendedores lucenses un programa de formación orientado ó deseño dos seus plans de negocio
De decembro a xuño recebirán a formación necesaria para profundizar nos distintos aspectos do seu proxecto: obrigas xurídico-fiscais, modelo económico, axudas dispoñibles, mercado, clientes, marketing...
O programa combina dous tipos de apoio:
- Formación grupal. A desenvolver os xoves pola tarde en Mondoñedo
- Formación individual. Cada proxecto terá asignadas titorías individuais onde desenvolver todos os aspectos do seu negocio con un equipo de expertos asesores
As inscricións están abertas ata o 3 de decembro no seguinte enlace https://www.eoi.es/es/espacios-coworking/mondonedo-5a-edicion
O único requisito para a solicitude de praza é ter unha idea de negocio independentemente do grao de madurez da mesma. De feito nas anteriores edicións houbo desde proxectos recén saídos da etapa de formación técnica en graos de FP ou Universidades ata novos proxectos de empresas máis consolidadas
As prazas son limitadas e a partir do día 3 de decembro farase unha selección entre todos os proxectos inscritos segundo as características dos mesmos
A participación neste programa é totalmente gratuita
Calquer información adicional, non dubiden en contactar con cwmondonedo@eoi.es

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com