"Anoar" obra gañadorano XX Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores
Xián Lois Alcayde Dans, veciño de Culleredo, foi o gañador do XX Premio dePoesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedoen colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballopresentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, tenpor título "Anoar"
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma,recaeu na obra "Unha luz de eclipse" da que é autor, Aleixandre Lago Barcala,de Santiago.
Isolda Comesaña Alcarz, acadou o 3º premio, dotado con300 €, praca e diploma, coa obra "Son da estirpe de Luperca". Isolda Comesaña éde Vigo.
A entrega do Premio terá lugar o vindeiro domingo, 1 de decembroa partir das 11.15 horas da mañá segundo o seguinte programa:
Ás11.15 horas; Recepción oficialna Casa do Concello.
Ás11.30 horas; Presentación antoloxía Versos Fideis. (Libro no quese recollen os versos premiados no Certame de Poesía Díaz Jácome para novoscreadores)
Ás12.30 horas; Entrega de Premios doXX Certame de Poesa Díaz Jácome no Salón de Plenos do Concello.