Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

BANDO: FEIRAS E FESTAS DE AS SAN LUCAS 2019

BANDO ¿ FEIRAS E FESTAS DE AS SAN LUCAS 2019

DONA MARÍA ELENA CANDIA LÓPEZ, ALCALDESA-PRESIDENTA DOEXCMO.CONCELLO DE MONDOÑEDO (LUGO),

FAI SABER: Que nos vindeiros días celebraranse as Feiras eFestas de As San Lucas, as Feiras máis antigas de Galicia e por tanto undos principais activos turísticos da nosa localidade.

Que o equipo de goberno é consciente dacomplexidade deste evento así como dos trastornos que da súa organización sederivan para a cidadanía. Polo tanto, solicítase a comprensión e acolaboración dos veciños e veciñas de Mondoñedo para velar, entre todos, poloseu correcto desenvolvemento ao tempo que aproveitamos para pedirlles desculpaspolas molestias ocasionadas, informando que as medidas restritivas oulimitativas obedecen a indicacións de seguridade .

O equipo de goberno vese na obriga de adoptar asseguintes medidas co fin de velar pola seguridade dos veciños, veciñas evisitantes, sendo varias delas requisitos en relación ás emerxencias eseguridade, así como para contribuír ao correcto desenvolvemento e organizacióndas nosas feiras e festas máis emblemáticas polo que durante os días 16,17,18, 19 e 20 de outubro:

- Queda prohibido o acceso rodado e o estacionamentode vehículos polo centro desta cidade, salvo vehículos autorizados.

- Queda prohibido o acceso rodado e oestacionamento no Campo da Feira No caso de vehículos que transporten gando oumaquinaria, só se permitirá a súa carga/descarga nos horarios que aorganización estableza e nunca se permitirá o seu estacionamento.

- Queda prohibido o acceso rodado e oestacionamento na Alameda de Os Remedios, salvo vehículos autorizados. Éobrigatorio deixar libre o acceso rodado ao Centro de Saúde desde a TravesíaCarlos Folgueira así como o acceso a Alameda e ata o propio edificio.

- Queda totalmente prohibido colocarpostos dende o antigo Centro Comarcal -incluíndo a fachada do mesmo- situado naRúa Julia Pardo, en toda a Rúa Guevara e ata a entrada da casa do número 22 naRúa Bispo Sarmiento, no lado dereito subindo cara a Alameda. Mentres que nolado esquerdo -subindo cara á Alameda-, tampouco se permitirá dende o CentroComarcal, toda a Rúa Guevara e toda a rúa Bispo Sarmiento, excepto os negocioscon actividade económica en Mondoñedo que o soliciten previamente e terraza ouespazo análogo, sempre e cando deixen as distancias que permitan a circulaciónrodada en caso de ser necesario.

- Queda prohibido a colocación depostos na Rúa Vicedo, salvo expresa autorización.

- Queda prohibido a colocación depostos na Rúa Marina Mayoral, colocándose nesta rúa a motobomba, salvo expresaautorización da comisión.

- Queda prohibido a colocación depostos na zona do Hospital San Pablo e Centro médico.

- Tódolos postos deberán contar conautorización expresa.

- Estarán habilitados como aparcadoirosmunicipais nestas datas o recinto da Granxa e as fincas de Hipólito, unhafronte ao antigo aserradeiro en San Lázaro, dúas no antigo Parqué, no Carrascale as instalacións de FINSA.

O que se fai público para xeral coñecemento

Mondoñedo, na data da sinatura

A Alcaldesa

Asdo.: Mª Elena Candia López

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com