O Excmo.Concello de Mondoñedo por Resolución da Alcaldía do 3 de abril de 2019 aproboua convocatoria e as bases para o seguinte proceso selectivo:
.- Número e denominación do emprego :1 Técnico/a enInformación Turística
.- Título académico:Técnico Superior en Información e Comercialización Turística ou TécnicoSuperior en Guía, Información e Asistencia turística, Técnico en Empresas eActividades Turísticas ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalentehomologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo.
.- Outros requisitos:o candidato/a provirá de situación de desemprego ou de mellora de empregopara os casos en que a xornada de traballo sexa igual ou inferior ao 50% daxornada.
.-Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo determinado
.-Xornada: completa
.-Duración: desde a contratación e ata o 30 de setembro de 2019
.-Salario Bruto mensual (inclue a prorrata da paga extra e plus de transporte): 1.264,29 €
-Funcións: Vinculadas á Oficina de Turismo de Mondoñedo.
.- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles,desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial daProvincia de Lugo.
As persoas interesadas teñen á súa disposición as basesdeste proceso, nas oficinas do Concello, de luns a venres de 09 a 14 h.
No caso de solicitudes por correo, rógase aviso por faxao 982 507 421.
Mondoñedo.- 3 de abril de 2019
A Alcaldesa.- Mª. Elena Candia López
Publicado en BOP de Lugo de sábado 20 de abril do 2019