CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN POLO INSTITUTO ENERXÉTICO DEGALICIA AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 26 DE DECEMBRO DE 2017 POLA QUE SEESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE ANUNCIA A CONVOCATORIA ANTICIPADA DESUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES, PARA O ANO 2018,COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL, NO MARCO DOPROGRAMA OPERATIVO FEDER-GALICIA 2014-2020
No DOG núm. 21,do 30 de xaneiro de 2018 publicouse unha Resolución do Instituto Enerxético deGalicia do 26 de decembro de 2017 polaque se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipadade subvencións para proxectos de enerxías renovables, para o ano 2018,cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco doPrograma Operativo Feder-Galicia 2014-2020 .
O Concello de Mondoñedo en data 28/02/2018solicitou unha subvención ao abeiro desta Resolución para a actuación denominada INSTALACIÓN DECALDEIRA DE BIOMASA NO BARRIO DE VILAR, MONDOÑEDO (LUGO).
O Director do Instituto Enerxéticode Galicia (INEGA), ditou Resolución favorable de concesión desta subvención, odía 19 de xuño de 2018, cun orzamento aceptado sen IVE de 49.696,00 € cuninvestimento elixible sen IVE de 45.184,00 €, un orzamento aceptado con IVE de60.132,16 €, cunha axuda cunha intensidade do 80% polo sobre un custe elixiblede 54.672,64, o que ai un importe de axuda concedida (FEDER) 43.738,11.
Esta actuación executarase na datalímite do 22 de outubro de 2018.