Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

ANUNCIO CONVOCATORIA DE EMPREGO: 1 Educador/a Social, 1 Psicopedagogo/a e 1 Logopeda

ANUNCIO CONVOCATORIA DE EMPREGO

O Excmo. Concello deMondoñedo por acordo da Resolución da Alcaldía do día 29de agosto de 2018 aprobou a convocatoria e as bases para o seguinte procesoselectivo:

.- Número, denominación do emprego e titulación :

- 1 Emprego de Coordinador/a:Educador/a Social en posesión titulo de diplomado/a en educaciónsocial ou habilitado/a polo Colexio de Educadores Sociais de Galicia, queademais conte co permiso de condución B.

- 1 Emprego de Psicopedagogo/a:Psicopedagogo/a en posesión do titulo de licenciadoou graduado en psicoloxía e pedagoxía ou psicopedagoxía, que terá o permiso decondución B.

- 1 Emprego de Logopeda:Logopeda en posesión da diplomatura e logopedia, que terá o permiso de conducción B

En todos os empregos requirirase o Celga 4.

.-Modalidade da contratación: persoal laboral temporal a durante 1 ano

.-Xornada: completa

.- Funcións: Ver bases da convocatoria

.- Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais a partir doseguinte ao da publicación do presente anuncio no diario El Progreso

As persoas interesadas teñen á súa disposición as basesdeste proceso, nas oficinas do Concello, de luns a venres de 08 a 14 h.

No caso de envío de solicitudes por correo, rógase avisopor fax ao 982 507 421.

Mondoñedo, 29 de agosto de 2018

A Alcaldesa.- Mª. Elena Candia López

ANUNCIOPULBICADO NA EDICIÓN PROVINCIAL DE “EL PROGRESO”, PÁXINA 19, DÍA 31 DE AGOSTO DE2018

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com