No Diario Oficial de Galicia núm. 84 do 3 de maio de 2016, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fai pública a Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a asistencia técnica na elaboración de estratexias de sustentabilidade ambiental coa finalidade de integrar a adaptación ao cambio climático na xestión e planificación públicas e se fai pública a súa convocatoria para o ano 2016, confianciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Este Concello de Mondoñedo en data 21/06/2016 solicitou unha subvención ao abeiro desta Orde para a elaboración dun ¿PLAN ESPECIAL DE ADAPTACIÓN FRENTE A LOS RIESGOS DE INUNDACIONES E INCENDIOS DERIVADOS DEL CAMBIO CLIMÁTICO EN EL AYUNTAMIENTO DE MONDOÑEDO¿.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comunicou a concesión desta subvención, según notificación da resolución de concesión de data 9 de setembro de 2016.