Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

O INEGA SUBVENCIONA A REFORMA E MELLORA ENERXÉTICA DO ALUMEADO PÚBLICO DE MAARIZ

Logos novas mellora enerxética

No Diario Oficicial de Galicia núm. 93 do 18 de maio de 2016, o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA,) publicou a Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas, mediante proxectos de aforro e efeiciencia enerxética na Administración local, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.
Este Concello presentou a través do rexistro electrónico do Inega en data 16 de xuño de 2016 unha solicitude de subvención para a Reforma e Mellora Enerxética do Alumeado Público de Maariz, Concello de Mondoñedo.
En data 3 de setembro de 2016 o director do Inega, ditou resolución de concesión de subvención, en referencia á devandita solicitude, cun investimento elixible de 7.482,99 €, cunha axuda de 5.612,24 €, o que supón unha porcentaxe de subvención do 75%.
Esta actuación rematouse o 15 de novembro de 2016.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com