Fondo cabecera Concello de Mondoñedo
Inicio » Novas

Novas

Novas

O Concello de Mondoñedo inicia o proceso de dixitalización do seu arquivo municipal para unha mellor conservación e manexo deste patrimonio documental

Casa do Concello

Candia considera que ¿temos o deber de preservar indefinidamente a historia da memoria colectiva, ademais de que a dixitalización abrirá novas posibilidades para a investigación sobre a nosa localidade¿
Mondoñedo, 10 de novembro de 2016.- O Concello de Mondoñedo inicia o proceso de dixitalización do seu arquivo para unha mellor conservación e manexo deste patrimonio documental. Mondoñedo conta cun destacado arquivo con numerosos fondos cuxo valor patrimonial e histórico debe ser preservado para as xeracións futuras.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que a finalidade desta actuación é a de preservar o patrimonio documental do Concello xa que ¿é o noso deber conservar indefinidamente a historia da memoria colectiva¿.
Neste eido, a rexedora puxo en valor a ¿enorme relevancia dos arquivos municipais, de aí a necesidade de aproveitar as novas tecnoloxías para conservar todos os documentos públicos que se van conservando nos distintos departamentos e que son necesarios para o estudo da historia da nosa cidade¿.
Así, Candia incidiu na importancia da dixitalización xa que, segundo engade a alcaldesa, ¿permítenos conservar os documentos posibles, así como o máis fácil manexo desta documentación e, de xeito directo, tamén axuda aos investigadores a traballar con maior comodidade e garantía sobre os temas municipais, o que abrirá novas posibilidades para a investigación en relación á historia da memoria colectiva¿.
Así, a rexedora considera que o papel das administracións públicas ¿é o de poñer os datos á disposición da iniciativa innovadora para crear valor engadido, aproveitando as oportunidades que nos ofrecen a innovación e as novas aplicacións informáticas¿. Así, no desenvolvemento do proxecto, Candia tamén intentará involucrar á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A metodoloxía de traballo
Para o desenvolvemento desta actividade, un equipo da USC desprazarase ata o Concello con dúas mesas de reprodución fotográfica para dixitalizar todos os libros de actas do consistorio. Farano todos os venres de novembro en xornada de mañá e tarde. Unha vez fotografada a documentación, o equipo desenvolverá a súa labor nas instalacións do Centro de Estudos de Historia da Cidade, na Facultade de Humanidades. Prevese que cando se faga a entrega de todo o material se lle dea a coñecer tamén aos veciños e veciñas para facelos partícipes do proxecto.
Convenio coa USC
Esta actividade de dixitalización do arquivo municipal é a primeira que se desenvólvese ao abeiro do convenio asinado entre a USC e o Concello para o desenvolvemento do proxecto ¿Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio¿, que ten un percorrido moito máis amplo que o de dixitalizar o arquivo municipal, cunha finalidade, a de dar instrumentos para unha posta en valor dos recursos da localidade.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com