Actualidad
AGADER subvenciona a mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias no Concello de Mondoñedo.
Dentro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural, ao Concello de Mondoñedo concedéronlle unha axuda polo importe de 78.570,00 € para obras en Vilamor, Oirán, Bidueiras e Pelourín.