Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidad

O CONCELLO DE MONDOÑEDO REFORZARÁ O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS COA INCORPORACIÓN DUNHA EDUCADORA FAMILIAR

O Concello de Mondoñedo reforzará o seu departamento de Servizos Sociais coa incorporación dunha educadora familiar, que dedicará parte do seu traballo á atención á xuventude. Así o avanzou a alcaldesa, Elena Candia, quen precisou que ¿esta profesional prestará apoio ao departamento de Xuventude, reforzando deste xeito as áreas vinculadas á prevención de drogodependencia e de utilización responsable das redes sociais¿.
Candia amosouse moi satisfeita por esta nova incorporación e precisou que ¿deste xeito vénse a cubrir unha carencia que tiña o Concello mindoniense que non contaba con esta profesional debido ás políticas de recortes que viña aplicando o anterior equipo de goberno¿.
A rexedora sinalou que se trata dunha medida moi necesaria e esperada para o Concello de Mondoñedo posto que debido a este déficit ¿víñase sufrindo unha discriminación nesta materia con outros Concellos da contorna que si contaban con esta educadora¿.
A alcaldesa engadiu ademais que ¿con esta nova incorporación, o abeiro do plan de emprego da Deputación de Lugo, cumprimos co compromiso adquirido polo equipo de goberno na área de servizos socias. Un departamento que só no servizo de axuda no fogar conta cun total de 92 usuarios e sen listas de espera¿.
¿A XENTE MAIOR E A XUVENTUDE, AS NOSAS PRIORIDADES¿
¿A xente maior e a xuventude son e seguirán sendo as nosas prioridades¿, salienta a alcaldesa. ¿Que os nosos maiores estean o maior tempo posible nas súas casas e cunha boa calidade de vida é o obxectivo que perseguen as 18 auxiliares de axuda no fogar do Concello mindoniense que os coidan¿ recalcou Candia.
¿Inculcarlle aos nosos mozos e mozas unha educación responsable para loitar contra a lacra das drogas e ensinarlles a utilización responsable das redes serán as primeiras actuacións da educadora familiar que incorporaremos no departamento de Servizos Sociais¿, concluíu a rexedora.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com