Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O GOBERNO LOCAL SOMETEU A PLENO A APROBACIÓN DA RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO DO CONCELLO DE MONDOÑEDO

O Goberno local do Concello de Mondoñedo someteu a Pleno a aprobación da relación de postos de traballo (RPT) municipal.
O Goberno local pon en marcha tamén a elaboración dun convenio colectivo que, agarda, conte con maior consenso posible para saír adiante.
Elena Candia agradece a colaboración dos servizos de recursos humanos da Deputación de Lugo, encargados da elaboración do documento da RPT, o que permite un aforro para o Goberno local que non terá que facer desembolso algún pola súa redacción. ¿Trasladamos o noso agradecemento aos técnicos provinciais polo seu traballo, o que permite que o Concello de Mondoñedo non teña que asumir ningún custo pola súa elaboración¿, engade.
UN DOCUMENTO FROITO DO CONSENSO
A alcaldesa destaca ¿o gran apoio¿ que conseguiu o documento da RPT ao que se chega despois de ¿varios meses de intenso traballo¿. Así, conta co voto favorable de CIG e CCOO, con representación no Concello, e tamén co respaldo de UGT e CSIF, sen representación no Consistorio. Así mesmo, conta co apoio unánime de todos os traballadores e traballadoras municipais: funcionarios e persoal laboral que votaron o documento.
O documento será sometido a Pleno o vindeiro venres. A alcaldesa, Elena Candia, agarda contar co voto favorable dos demais grupos atendendo ao respaldo que o texto xa conseguiu por parte de traballadores e sindicatos.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com