Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

ELENA CANDIA ANUNCIA UNHA PARTIDA NOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DE 2017 DESTINADA A OUTORGAR AXUDAS Á NATALIDADE

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia que os Orzamentos do Concello para o ano 2017 recollerán unha partida para conceder unha axuda económica para os nacementos que se produzan na localidade. Así o proporá ao Pleno que celebre a Corporación o vindeiro venres a través dunha moción para a posta en marcha dun plan de acción para o fomento da natalidade e para loitar contra a despoboación no Concello de Mondoñedo mediante axudas directas e servizos de conciliación.
A iniciativa do equipo de Goberno propón ademais que se poña en marcha por parte do Concello de Mondoñedo un plan de activación de empadroamentos dirixido, en primeiro lugar, a aquelas persoas que traballan na localidade pero seguen empadroadas nos seus lugares de orixe.
Ao mesmo tempo, poranse en marcha máis servizos de conciliación, como o servizo de madrugadores, así como medidas de apoio para a atención de nenos e maiores. Por último, o Goberno local pretende que se revisen as ordenanzas que recollen tributos locais para que, respectando o plan de axuste do Concello, se aproben bonificacións para as familias numerosas, así como o estudo da posta en marcha dunha liña de axudas para estas familias.
UNHA ESTRATEXIA GLOBAL
A rexedora explica que o envellecemento da sociedade galega, o despoboamento de moitas zonas e a baixa natalidade ¿son seguramente o problema máis importante dos que afecta a Galicia¿; unha problemática á que Mondoñedo non é allea, polo que a administración local debe por o seu grao de area para investir esta tendencia¿.
Candia explica que as axudas á natalidade ¿non deben quedar nunha achega económica ás familias, unha axuda puntual, senón que debe formar parte dunha estratexia global¿. Así, o Goberno que encabeza aposta por liderar unha política activa para gañar poboación a través do incremento dos empadroamentos, pero sobre todo sumando veciños e veciñas que vivan na nosa cidade.
A alcaldesa asegura que o Concello ofrece os servizos para que así sexa, tales como Escola Infantil, CEIP, Escola de Musica, IES, PAC. ¿Un lugar cómodo para vivir cos nenos e coa xente maior. Unha cidade tranquila, e segura¿, conclúe.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com