Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

ORDENANZA PISTA DE PÁDEL

As pistas de pádel do Concello de Mondoñedo contarán cunha ordenanza que permitirá a súa posta en funcionamento. A sesión plenaria celebrada onte no municipio sacou adiante este regulamento no que se establecen as tarifas para o alquiler das pistas ¿que son unhas das máis económicas da comarca e da provincia¿ precisou a alcaldesa, Elena Candia.
A rexedora amosouse moi satisfeita coa aprobación desta ordenanza que permite alquilar as pistas para o seu uso ¿polo simbólico prezo de 3 euros por hora e media¿.
As pistas, ubicadas ao carón do pavillón municipal e de outras instalacións deportivas e de ocio da localidade, "contribuirán a impulsar e fomentar a actividade deportiva entre os veciños e veciñas de Mondoñedo".
El rexedora mindoniense destacou que ¿a localidade conta cun gran número de poboación nova e coa posta en marcha deste servizo, pensado para todos os veciños e veciñas, permitirase o seu alquiler a través de un cómodo sistema, o que garantirá o seu correcto funcionamento".
Candia precisou que ¿o pago realizarase nas oficinas municipais no momento de levar a cabo a reserva da pista, cubrindo o interesado o correspondente formulario onde constará os datos do solicitante, o día e as horas reservadas¿.
A alcaldesa precisou que ¿coa posta en marcha destas pistas sumamos unha actividade máis á ampla oferta de ocio coa que conta o Concello de Mondoñedo¿ e animou a todos os veciños e veciñas ¿a desfrutar do uso destas instalacións¿.
APOSTA DO GOBERNO LOCAL POLO DEPORTE
¿Coa posta en funcionamento das pistas de pádel reforzamos a nosa aposta polo deporte¿, sinalou a alcaldesa.
Candia salientou que se trata ¿dunha iniciativa máis que unida ao arranxo do campo de fútbol, á mellora das instalacións das piscinas municipais ou o á renovación da pista do pavillón, da que tamén eliminamos o cobro polo seu uso, certifican firme compromiso do goberno local co deporte¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com