Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

A ALCALDESA DE MONDOÑEDO RECIBIU A UN GRUPO DE EMPRESARIOS E PERIODISTAS CHINOS

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, recibíu a un grupo de empresarios e periodistas chinos aos que acompañaron os profesores Arturo de las Heras (UDIMA) e Felipe R. Debasa Navalpotro (Rey Juan Carlos). A iniciativa naceu froito do convenio de colaboración firmado entre o Concello de Mondoñedo e a Universidad Oficial UDIM hai tan só un mes.
A rexedora presentou Mondoñedo á comunidade china como un dos atractivos de Galicia, que con tempo se veñen posicionando con forza no escenario internacional.
Elena Candia sinala que: ¿é unha boa oportunidade de pór en valor todo o que representa Mondoñedo, á vez que intentamos buscar oportunidades para que as persoas se podan desenvolver aquí sen necesidade de marchar¿.
A delegación foi recibida institucionalmente no Concello de Mondoñedo . De seguido, visitaron a Catedral (Patrimonio da Humanidade), así como algún establecemento representativo da actividade tradicional da cidade. Ambas as partes manifestan que se trata dunha primeira toma de contacto para analizar a posibilidade de establecer pontes de intercambio económico e cultural xeradores de actividade.
DELEGACIÓN
A delegación estivo formada por empresarios do sector da hostalería, inmobiliario, importación-exportación, etc¿ Entre os periodistas atópase o editor do prestixioso medio de comunicación dirixido á comunidade china residente en España, el Mandarín.
http://www.elmandarin.info/, quen acudíron acompañados dun grupo de xornalistas chinos interesados en coñecer de primeira man o Val de Mondoñedo e a súa comarca.
INTEGRANTES:
Profesor Arturo-Hamai de las Heras. CEO da Universidad Oficial UDIMA e do Centro de Estudios Financieros (CEF). Membro da Xunta Directiva do Club Financiero Génova.
Sr. Chengquian Qiu. Presidente do Grupo de medios de comunicación chinos OUHUA e do periódico El Mandarín, diario de referencia para a comunidade china residente en España.
Sr. Paco Quian. Empresario de diversos sectores (import-export, electricidad, etc¿) Presidente da Unión de Paisanos de Pekín en España.
Sr. Rubén Wang. Xerente do Grupo Restaurador la Dehesa, e vicepresidente da Inmobiliaria Dayuanhuan e da Asociación de Desarrollo Económico General de China en España.
Profesor Dr. Felipe-Zhiwei Debasa Navalpotro. Profesor da Universidad Rey Juan Carlos, Profesor Visitante Universidad de Lenguas y Cultura de Pekín, Coordinador Observatorio de Estudios Sino-Europeos Pang Diwo del Instituto de Humanidades. Membro da Junta Directiva del Club Financiero Génova.
Os profesores De las Heras e Debasa están de volta dunha Viaxe de Estudos por China para analizar sobre el terreo la iniciativa política proposta polo Presidente Xi Jinping en referencia á Ruta da Seda ¿One Belt, One Road¿. Trátase de impulsar un moderno cinto económico que unirá Europa, Asia Central e China, sobre a base da antigua Ruta da Seda, apostando por un modelo que xere riqueza e axude ao entendemento cultural de pobos diferentes.
O profesor de las Heras explica que ¿se podería considerar que a Ruta da Seda e o Camiño de Santiago foron dous dos activos más importantes ao longo da historia da humanidade para transmitir memes culturais e, por tanto, xerar riqueza. Pensamos que poderíamos ter un papel activo sumando sinerxías entre elementos importantes destas rutas, pois no escenario internacional do Mundo Actual débese pensar en clave global¿.

Así, consideran que Mondoñedo ten numerosos activos que poden interesar ao publico chino como son, sinala o profesor Debasa: ¿uns produtos alimenticios de gran calidade, un excelente medio ambiente, unha gran historia cargada de memes culturais, e 2 ítems declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com