Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O equipo de Goberno do Concello de Mondoñedo urxe á Deputación de Lugo a que dea cumprimento aos seus compromisos a través da posta en valor do miradoiro da cidade

O equipo de Goberno do Concello de Mondoñedo urxe á Deputación de Lugo a que dea cumprimento aos seus compromisos a través da posta en valor do miradoiro da cidade, tal e como lle corresponde ao titular do inmoble. Desde o Goberno local lamentan o estado de deterioro e abandono no que a Deputación provincial mantén as instalacións, polo que piden axilidade e dilixencia para por fin a esta situación.

Desde o Goberno local apuntan ademais que a iniciativa privada podería estar interesada na xestión das instalacións, para o que se precisa unha mellora no seu estado. Tamén ofrecen a colaboración do Concello para xestionar con Fomento unha entrada mellor ás instalacións.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com