Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO TRABALLA PARA GARANTIR, A TRAVÉS DO SEU CONTROL, O BO FUNCIONAMENTO DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA E DE SANEAMENTO

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de obras, José Otero Rejes, están a manter reunións mensuais con responsables da empresa Aqualia, encargada da xestión dos servizos de auga e saneamento no municipio co obxecto de garantir a súa prestación nas mellores condicións e na procura de solucións aos problemas existentes.
En concreto, a rexedora da cidade explica que dende o Goberno local ¿estamos a facer un seguimento moi de preto¿ a estes servizos coa finalidade de coñecer as condicións de ¿limpeza dos sumidoiros, de mantemento de bocas de rego e de solución dos problemas en abastecementos de auga¿.
Elena Candia defende a ¿enorme¿ importancia de levar a cabo esta xestión dun ¿xeito eficaz¿, xa que as consecuencias derivadas ¿son evidentes na localidade, froito do deficiente mantemento que levou a cabo o anterior equipo de Goberno bipartito. Unha situación coa que sempre fomos moi críticos¿.
Neste senso, a alcaldesa pon como exemplo os problemas existentes na rede de saneamento da parroquia de Sasdónigas, que ¿nunca chegou a funcionar, despois dunha elevada inversión de fondos públicos¿. De feito, Candia explica que o deseño do proxecto é ¿tan inviable, que impide o acceso á depuradora para proceder ao seu mantemento¿. ¿É un claro exemplo da falta de control dos nacionalistas e dos socialistas no Concello de Mondoñedo¿, matiza.
Esta falta de xestión do anterior Goberno bipartito contraponse a do novo executivo de Candia, quen enumera que ¿levamos limpado máis de 140 sumidoiros e corrixido un importante número de deficiencias¿, pese a isto, aclara, ¿queda moito traballo por facer e están previstas novas actuacións¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com