Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO CONVOCA O I CONCURSO DE ORNAMENTACIÓN DE BALCÓNS E FACHADAS

Concurso de balcóns 1

O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca o I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ¿Florea o teu balcón¿. O certame, cuxa inscrición estará aberta entre o 30 de abril e o venres 20 de maio, foi dado a coñecer hoxe pola alcaldesa, a popular Elena Candia, e o concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández.
Ambos explican que o que se pretende é a posta en valor dos balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade, ¿porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán¿, engaden.
A QUEN SE DIRIXE
No certame poderán participar todos aqueles particulares que dispoñan de balcóns ou ventás que reúnan as condicións mínimas necesarias para ser decorados ornamentalmente con flores e plantas. O alcance do concurso será o casco urbano da cidade de Mondoñedo, incluíndo casco histórico e os barrios tradicionais de Os Muíños e San Lázaro. Poderán inscribirse nas datas arriba sinaladas no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberá indicar o nome, apelidos e DNI do participante, xunto ao enderezo dos balcóns participantes.
BASES
O xurado realizará visitas periódicas nos meses de maio, xuño e xullo e valorará, entre outros aspectos:
- O estado de conservación e mantemento semanal dos balcóns.
- A orixinalidade na ornamentación.
- A variedade e calidade florística.
- A innovación de especies e a colocación de elementos accesorios tales coma xardineiras, colgantes, etc.
COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado cualificador estará integrado por representantes de cinco asociacións de Mondoñedo elixidas a sorteo, un representante da ACIAM, dous profesionais do sector da xardinería e un representante de cada centro educativo do municipio. O resultado do concurso farase público a segunda quincena do mes de xullo, mentres que os premios se entregarán en agosto.
PREMIOS
O Concello de Mondoñedo establece tres premios. Un primeiro dotado con 200 euros; un segundo de 150 euros e un terceiro por importe de 100 euros. Todos eles levarán un diploma acreditativo para colocar no balcón galardoado.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com