Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO AGRADECE A DECISIÓN DE CREAR UN CUÑO DA CATEDRAL QUE CONTRIBUIRÁ Á DIFUSIÓN ¿DUNHA GRAN XOIA ARQUITECTÓNICA¿

Mataselos Catedral

O Goberno local do Concello de Mondoñedo agradece a decisión de Correos de crear un cuño especial cuxo motivo é a Catedral da localidade e considera que esta feito contribuirá á difusión ¿dunha gran xoia arquitectónica¿, xa que esta imaxe acompañará aos peregrinos nas súas Compostelás.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, participou no acto de presentación do cuño turístico Cidade de Mondoñedo, que se celebrou ás 12 da mañá do día 6 de maio na Oficina de Correos.

A rexedora considera ¿moi positiva¿ esta decisión para a promoción da localidade ao tempo que engade que coa ¿suma de feitos coma o de hoxe lograremos incentivar Mondoñedo e trasladar o seu atractivo turístico¿.

Neste caso, a través deste cuño especial para visitantes e turistas ¿conseguiremos a difusión dunha xoia arquitectónica de Galicia, que combina os estilos románico, gótico e barroco dun xeito excepcional¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com