Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONVENIO ASINADO PARA A ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PERMITIRÁ ACTUACIÓNS EN 20 VIVENDAS DE MONDOÑEDO

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que o convenio asinado polo Goberno local co Ministerio de Fomento e a Consellería de Infraestruturas e Vivenda sobre a Área de Rehabilitación Integral (ARI) permitirá actuacións subvencionadas en 20 vivendas.
O equipo de Goberno amosa a súa satisfacción e agradecemento aos servizos técnicos polo traballo levado a cabo. A rexedora destaca a aposta pola rehabilitación na cidade e avanza que a estas actuacións ¿se sumarán a outros proxectos de rehabilitación de vivendas, que aínda sen acollerse ás axudas do ARI, teñen proxectos presentados¿. Entre todos, engade, Mondoñedo experimentará un importante movemento económico.
As actuacións contarán cun orzamentos superior aos 100.000 euros. Todos os que precisen información a maiores poden poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Rehabilitación de Mondoñedo.
Enderezo: Praza do Concello, nº 1. 27740 Mondoñedo (Lugo)
Teléfono. 982521402- Fax: 982507421
Correo electrónico: rehabilitacionmondonedo@gmail.com
Listado de vivendas beneficiadas
PACHECO, 9
RÚA DO PUMAR,15
RÚA FEBRERO, 30
PRAZA DA CATEDRAL, 11
RÚA PROGRESO, 28
GUEVARA, 18-2º
LEIRAS PULPEIRO, 1-1º
PRAZA DO CONCELLO, 8
GUEVARA,17
SAN ROQUE, 11
ALFONSO VII,7
A FONTE, 22
SAN LAZARO, 149
BISPO SARMIENTO, 8
RUA CONCEPCIÓN, 2
A FONTE 20
OS CASTROS 14
PROGRESO,26
A FONTE, 4
AVDA. SAN LUCAS, 4

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com