Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O Concello de Mondoñedo entregará á asociación provincial de maderistas un informe cos xacementos patrimoniais inventariados na localidade

A alcaldesa e o edil de Servizos, Urbanismo e Obras convidarán a unha reunión á asociación representativa do sector

Candia e Otero Rejes explican que o informe recolle todas as referencias coas correspondentes coordenadas dos xacementos co obxecto de evitar así que se produzan danos pola actividade forestal en zonas protexidas

Mondoñedo, 24 de abril de 2016.- O Concello de Mondoñedo fará entrega á asociación provincial de maderistas dun informe no que enumeran os diferentes elementos arqueolóxicos inventariados na localidade.
O documento elaborado polo arqueólogo Abel Vigo, que colaborou no PXOM da localidade, inclúe todas as referencias coas respectivas coordenadas dos puntos identificativos de cada un dos espazos protexidos. De xeito que a táboa anexa ao informe refire un total de 37 entradas de catálogo no correspondente a patrimonio arqueolóxico do concello de Mondoñedo.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Servizos, Urbanismo e Obras, José Otero Rejes, convidarán esta semana a unha reunión ao colectivo representante dos maderistas, na que prevén facerlle entrega deste documento.
A rexedora e o edil explican que con esta información dende o Concello pretenden colaborar á hora de evitar que se produzan danos froito da actividade forestal en zonas protexidas e catalogadas. Ademais, o informe referencia certas consideracións que deben ter en conta os maderistas á hora de realizar unha actividade próxima a un xacemento e recomendan a consulta cos servizos técnicos ou arqueolóxicos para coñecer as obras que se poden levar a cabo no entorno dunha área de protección integral.
Na reunión Candia e Rejes tamén pretenden abordar cos representantes da asociación provincial de maderistas outros asuntos de importancia para o municipio, como é o da preocupación derivada polos desperfectos que se ocasionan nas vías municipais a raíz do paso de maquinaria pesada pola tala de árbores ou por outras actividades propias do sector forestal. Analizarán a necesaria reparación destas infraestruturas viarias.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com