Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O CONCELLO DE MONDOÑEDO HOMENAXEARÁ ÁS IRMÁNS "RODRÍGUEZ ARES" POLOS SEUS ÉXITOS DEPORTIVOS E A SÚAS PROMETEDORAS CARREIRAS NO ATLETISMO

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Deportes, Manuel Tapia, anuncian que o Concello está a preparar unha homenaxe ás dúas irmáns Rodríguez Ares polos ¿seus éxitos deportivos e as súas prometedoras carreiras no atletismo¿.
As mindonienses Ainara e Iria Rodríguez Ares conquistaron varios campionatos galegos de atletismo e veñen de acadar esta fin de semana dous novos metais no Campionato Galego da milla en ruta que se celebrou en Sada.
As dúas irmáns, que forman parte das Escolas Deportivas de Lourenzá Maderas Barcia, confírmanse proba tras proba como o futuro do atletismo galego, ¿un feito do que nos sentimos moi orgullosos dende Mondoñedo¿, asegura a rexedora, Elena Candia. ¿Baten récords competición tras competición¿ e son ¿claras merecedoras dun recoñecemento por parte do Concello, xa que alí onde van levan o nome da nosa cidade.
Desexámoslles o mellor no seu futuro deportivo¿, engade.
Entre os trofeos que figuran na vitrina de Ainara Rodríguez, atópanse o de campioa comarcal e provincial de campo a través, campioa provincial de 60 m.l. e de 500 metros; así tamén obtivo a medalla de ouro no campionato galego de 60 m.l. en pista cuberta e no de 500 m.l. en pista cuberta; ademais de facerse co metal de bronce en milla en ruta. Unha das mellores embaixadoras das Escolas deportivas con 21 triunfos en carreiras populares no 2015.
A súa irma Iria é na súa categoría de benxamín, campioa comarcal e provincial de campo a través; tamén quedou primeira no campionato equivalente ao campionato galego de campo a través na súa categoría celebrado en Friol; ao que se lle suma o subcampionato provincial de 50 m.l. en pista cuberta e o campionato provincial e galego de 1000 m. en pista cuberta. En Sada obtivo a medalla de Ouro en milla en ruta.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com