Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

BANCO DE TERRAS MUNICIPAL

O Concello de Mondoñedo traballa na creación dun Banco Municipal de Terras coa finalidade de evitar o abandono de masas comúns da concentración parcelaria de Mondoñedo Norte e co obxecto de estimular o sector primario, especialmente o hortícola.
En concreto, a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que se está a estudar coa Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a solicitude de varias masas comúns vacantes da concentración parcelaria de Mondoñedo Norte, que se dirixirían a creación do seu propio Banco Municipal de Terras.
Candia indica que na concentración parcelaria de Mondoñedo Norte hai un total de 33 masas comúns que no proceso quedarían vacantes e que suman unha superficie aproximada de 137.187 metros cadros. ¿Dende o Concello de Mondoñedo queremos evitar que estes terreos sobrantes estean abandonados ou mal coidados, sen un uso produtivo, polo que buscamos a súa cesión a un prezo simbólico para destino agrario, dándolle prioridade ao cultivo da horta¿, indica.
En canto ao proceso de adxudicación das masas, dende o Goberno local sinalan que estas elaboraríanse polos servizos xurídicos do Concello e o proceso sería ¿absolutamente público¿. Estas bases de adxudicación daríanlle prioridade aos veciños de Mondoñedo ou a persoas que veñan a residir á localidade e que ¿aposten polo sector primario, como medida de estímulo, especialmente, polo hortícola, que tanto recoñecemento ten en Mondoñedo pola calidade dos seus produtos¿, resalta a alcaldesa.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com