Fondo cabecera Concello de Mondoñedo

Actualidade

O GOBERNO LOCAL DE MONDOÑEDO REMATA AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DA GARDERÍA MUNICIPAL

Acondicionamento Gardería Municipal_2016

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, deu conta hoxe do remate das obras de acondicionamento da gardería municipal. En concreto, acometeuse un investimento de 6.962,04 euros para colocar chan e protectores que incrementen a seguridade na zona de xogos.

A rexedora, a popular Elena Candia, explica que ¿a seguridade é o primeiro neste tipo de instalacións, polo que cando detectamos que podía existir perigo actuamos de xeito inmediato¿.
En concreto, o investimento destinouse a colocar pavimento elástico de protección de caídas, cerre de madeira con acabado de pintura ecolóxica, protector de portas salva dedos, unha barra andador, protección para as columnas e instalacións de barras e proteccións.

Elena Candia subliña que as 41 prazas que o Goberno local pon a disposición dos pais e nais están cubertas. ¿Valoramos poder ofrecer un servizo tan importante para a nosa localidade e nas mellores condicións¿, conclúe.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Mondoñedo
Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740 Mondoñedo - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellomondonedo@gmail.com